
RECITAL POÉTICO DE PURA TEJELO NO IES MANUEL MURGUÍA
Hoxe, tivemos o inmenso pracer de que volvera ó noso instituto a profesora e compañeira , Pura Tejelo.
A autora de A elegancia do século (obra coa que gañou o Premio Johán Carballeira no ano 2016), fixo as delicias dos presentes no acto cun magnífico recital poético, acompañada de antigos alumnos, e unha excelente análise da obra. Tamén tivo tempo para falar distendidamente coa rapazada sobre poesía e curiosidades relacionadas co mundo literario.
Foi un acto moi emotivo e que nos colmou de ledicia.
Queremos agradecer aos asistentes ao acto o seu comportamento, e a Pura Tejelo a súa simpatía.
Tamén desexamos felicitala pola segunda edición deste magnífico libro.
Moitas Grazas!!!