
FERMOSO AGASALLO DA PROFESORA ROSA MOSQUERA COTO
Esta semana a nosa queridísima compañeira, a profesora Rosa Mosquera Coto, entregounos un magnífico libro, elaborado de xeito artesanal por ela mesma, onde se recollen os traballos poéticos que o noso alumnado realizou no mes de febreiro de 2018, co gallo da celebración do Día dos Namorados.
Neste volume II, continuación daquel co que ela tamén nos agasallou no 2017, os mozos e mozas do IES Manuel Murguía amósannos que en Arteixo hai futuro para a poesía.
Convidámosvos a que veñades á nosa biblioteca, para ver o exemplar deste ano e tamén o do ano anterior, ambos de belísima factura.
MIL GRAZAS, ROSA!!!
NON TE ESQUECEMOS!!!