EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Baixa (14)

MUTANTE CREATIVO E O NOSO ALUMNADO DÉIXANNNOS UN FERMOSO MURAL NO MURGUÍA.

octubre 16, 2018 by BANDA DESEÑADA, VARIOS Sen comentarios

Esta semana estiveron connosco os polifacéticos artistas de MUTANTE CREATIVO, moi activos e coñecidos no mundo do graffiti e o muralismo, dentro e fóra das nosas fronteiras. Ademais son responsables da organización de eventos tan coñecidos neste eido como os festivais:  DesOrdes Creativas (Ordes), ou RExenera Fest (Carballo), por poner algún exemplo.

Sokram e Mou impartiron un obradoiro de arte urbana, no que explicaron a historia desta corrente plástica, e ensináronlle, de maneira práctica, á rapazada do IES MANUEL MURGUÍA como se realiza un mural. Familiarizámonos co uso de aerosois e como resultado deixáronnos un excelente traballo que podedes ver nas fotos que engadimos máis abaixo.

Temos que agradecer tamén á Deputación da Coruña a súa colaboración connosco a través da campaña “O galego a nosa lingua propia”, por facer posible esta actividade.

Moitas grazas a toda a xente que participou dun xeito ou outro nesta actividade!!

Baixa (14)

DSC_0003 DSC_0013

DSC_0004DSC_0001Baixa (12)DSC_0059DSC_0053DSC_0043DSC_0041DSC_0032DSC_0031DSC_0022DSC_0018DSC_0017DSC_0016Baixa (13)Baixa (10)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>