EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0286

O ESCRITOR MANUEL NÚÑEZ SINGALA VISITA O MURGUÍA

diciembre 18, 2018 by NOVELA, VARIOS Sen comentarios

Esta semana tivemos a oportunidade de contar no noso instituto coa presenza do escritor Manuel Núñez Singala, que nos explicou o proceso de creación da súa última novela, Noite de temporal. Nesta obra cóntasenos o naufraxio real do vapor Santa Isabel, coñecido como o Titanic galego, e a posterior intervención heroica dos habitantes de Sálvora e Ribeira, que arriscaron as súas vidas para tentar rescatar aos náufragos.

Esta obra é unha homenaxe a esa xente que non dubidou en botarse ao mar no medio dunha treboada para axudar aos demais.

O autor tivo a amabilidade de asinar libros e contestar ás preguntas que lle formulou a rapazada do centro.

 

Moitas grazas a Manuel Núñez Singala e a Ánxela, a representante da editora Santillana, que fixo posible a súa visita.

DSC_0286DSC_0285DSC_0302DSC_0290

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>