EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0013

EROSKI-PARAÍSO

febrero 7, 2019 by TEATRO Sen comentarios

O alumnado de 1º de Bacharelato puido asistir a unha magnífica obra teatral que se representou no centro ÁGORA da Coruña. Tratouse dunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Actividades de Biblioteca do IES Manuel Murguía, que se desenvolve dentro do programa de saídas que levamos a cabo ó longo do curso e que ten como principal obxectivo achegar a rapazada do centro á realidade cultural que nos rodea.

Neste caso falamos dunhas desas grandes obras ás que nos ten acostumado o grupo Chévere. Falamos de EROSKI-PARAÍSO, un traballo que ademais de divertirnos, fainos reflexionar sobre o mundo no que vivimos e os cambios sociais e económicos que se están a producir na nosa contorna.

Agradecemos ao Concello da Coruña as facilidades para poder asistir á mesma, e por suposto ao alumnado que unha vez máis demostrou un comportamento excelente.

Moitas grazas a todas e todos!!!

Agardamos que vos gustara!

DSC_0013 DSC_0015

DSC_0005DSC_0004DSC_0003DSC_0011

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>