EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

  • VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES.

    VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES.

    O pasado día 22 de maio tivo lugar unha vIdeoconferencia entre o alumnado do noso centro e a rapazada do Instituto Cañada Blanch de Londres, onde se imparte a materia de Lingua Galega. Alí traballa a nosa compañeira Begoña González Rei. Un saúdo dende Arteixo!!

  • ENTREGA DE PREMIOS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO

    ENTREGA DE PREMIOS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO

    O pasado 16 de maio fixemos a entrega de premios aos alumnos vencedores dos certames de poesía e deseño convocados polo EDL do centro (Alba Figueroa Paniza e David Rodríguez Ramos, na categoría de poesía; e Iván Brea Regueira en deseño). Ademais aproveitamos para agasallar aos autores e autoras máis destacados na confección de caligramas e tamén aos finalistas no certame de poesía.

  • EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES NA BIBLIOTECA

    EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES NA BIBLIOTECA

    Convidámosvos a visitar a biblioteca do centro para contemplar a exposición que vos preparamos sobre Carlos Casares, autor homenaxeado este ano 2017, no Día das Letras Galegas. Tamén están presentes os vosos debuxos sobre o autor. Parabéns!!

  • VISITA A CERÁMICAS O CASTRO/SARGADELOS E PAZO DE MARIÑÁN

    VISITA A CERÁMICAS O CASTRO/SARGADELOS E PAZO DE MARIÑÁN

    O día 5 de maio visitamos Cerámicas O Castro/Sargadelos e o pazo de Mariñán, con alumnado de 4º ESO. Coñecer a fábrica creada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, entre outros, consideramos que era imprescindible para poder explicar a inmensa obra destes dous monstros da nosa cultura. Logo achegámonos a Bergondo, para pasear polos xardíns do pazo de Mariñán e ver as obras de arte que alí se atopan e para que nos explicaran a arquitectura e historia do mesmo.

  • O ALUMNADO DO IES MANUEL MURGUÍA GAÑA TRES PREMIOS NO CERTAME DE CURTAS CINEOI

    O ALUMNADO DO IES MANUEL MURGUÍA GAÑA TRES PREMIOS NO CERTAME DE CURTAS CINEOI

    A ROSA SECA (Beatriz Mouro Gerpe, Rebeca Del Río Rollón, Sara Montero Cordero e Irene García Soto) co 3º premio; e DOBRE IDENTIDADE (Alba Blanco Rodríguez, Alba Rial Busto, Angélica Ballesteros Flórez, Belén Martínez Rodríguez, Catalina López Novo, Leslizet López González-Rubiera e Lucía Sánchez Souto) 2º premio e premio Ben Falado, son os galardoados este ano no CinEOI da Coruña. Parabéns!!!

  • UN ANO MÁIS O NOSO ALUMNADO PARTICIPA NA FASE FINAL DE SANTIAGO DO TÍRALLE DA LINGUA

    UN ANO MÁIS O NOSO ALUMNADO PARTICIPA NA FASE FINAL DE SANTIAGO DO TÍRALLE DA LINGUA

    Os grandes e actores e actrices que temos neste centro representáronnos no certame de relato oral TÍRALLE DA LINGUA, na súa fase final de Santiago. Parabéns!!!

  • O alumnado do club de lectura visita o ÁGORA

    O alumnado do club de lectura visita o ÁGORA

    Alumnado de diferentes cursos e grupos que pertencen ó club de lectura da biblioteca escolar visitaron o ÁGORA na Coruña, onde asistiron a un obradoiro literario. Parabéns pola vosa actitude e comportamento!!!

  • Premiados nos certames de poesía e deseños convocados polo EDL do centro.

    Premiados nos certames de poesía e deseños convocados polo EDL do centro.

    - I Certame de Poesía Viveiro de Poetas do IES Manuel Murguía de Arteixo. 1º Premio: Quen queira escoitar que escoite, de Alba Figueroa Paniza (2º A Bacharelato); 2º Premio: Bágoas de tinta, de David Rodríguez Ramos (2º A Bacharelato). - I Certame de Deseño Adhírete ás Letras do IES Manuel Murguía de Arteixo. Gañador: Iván Brea Regueira de 4º B ESO.

  • EXPOSICIÓN DE CALIGRAMAS NA BIBLIOTECA

    EXPOSICIÓN DE CALIGRAMAS NA BIBLIOTECA

    Un ano máis o alumnado de 4º ESO fai unha homenaxe ás vangardas literarias cunha exposición de obras creadas por eles. Visitádea, paga a pena!!!

  • ANDREA MACEIRAS ESTIVO CONNOSCO CONVERSANDO SOBRE  EUROPA EXPRESS

    ANDREA MACEIRAS ESTIVO CONNOSCO CONVERSANDO SOBRE EUROPA EXPRESS

    Hoxe visitounos a escritora Andrea Maceiras para profundizar na súa obra Europa Express, que leron previamente os alumnos de 3º ESO. Moitas grazas a Andrea e á Editorial Xerais!!

  • HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO COA ACTRIZ ANA HERMIDA E O DEPARTAMENTO DE BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO

    HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO COA ACTRIZ ANA HERMIDA E O DEPARTAMENTO DE BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO

    O departamento de Biblioteca organizou unha actividade homenaxe a Rosalía de Castro para o noso alumnado, coa participación da actriz Ana Hermida, no centro cívico de Arteixo.

  • TÍRALLE DA LINGUA. PAULA CARBALLEIRA VISITOU IES MANUEL MURGUÍA.

    TÍRALLE DA LINGUA. PAULA CARBALLEIRA VISITOU IES MANUEL MURGUÍA.

    Hoxe, día 17 de febreiro de 2017, estivo connosco a actriz e escritora Paula Carballeira que deixou sen folgos ós nosos alumnos de tanto rir. Tamén é certo que pasaron algo de medo... Agardamos que vos gustara. Grazas Paula!

  • O FILÓLOGO BENGALÍ ANIK NANDI VISITOU O NOSO CENTRO

    O FILÓLOGO BENGALÍ ANIK NANDI VISITOU O NOSO CENTRO

    Hoxe, mércores 8 de febrero de 2017, estivo connosco o sociolingüista Anik Nandi que nos falou, nun perfecto galego, das linguas e costumes da India, de como aprendeu e estudou o noso idioma e moitas outras cuestións que espertaron a curiosidade dos nosos alumnos.

  • EXPOSICIÓNS NA BIBLIOTECA SOBRE PAULA CARBALLEIRA E SOBRE SAN VALENTÍN.

    EXPOSICIÓNS NA BIBLIOTECA SOBRE PAULA CARBALLEIRA E SOBRE SAN VALENTÍN.

    Na biblioteca podedes visitar varias exposición: -Paula Carballeira, que nos visitará o 17 de febreiro. -Libros con temática amorosa. -Corazóns de San Valentín.

  • TÍRALLE DA LINGUA. BASES.

    TÍRALLE DA LINGUA. BASES.

    No mes de abril celebrarase a fase final do Tíralle da Lingua, pero antes debedes participar no certame do centro. Podedes inscribirvos xa. Aquí están as bases. Tamén podedes consultalas nos carteis que están colocados nos taboleiros do instituto.

  • VISITA Á REAL ACADEMIA GALEGA / CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN E ROTEIRO POR A CORUÑACON 4º ESO.

    VISITA Á REAL ACADEMIA GALEGA / CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN E ROTEIRO POR A CORUÑACON 4º ESO.

    Un ano máis achegámonos á cidade da Coruña para coñecer mellor espazos de interese para a nosa cultura: lugar de creación das Irmandades da Fala, casas nas que viviron personalidades como Manuel Murguía, Rosalía de Castro ou Francisca Herrera Garrido, editorial Nós, revista Alfar... Seguidamente asistimos a unha visita guiada á Real Academia Galega e á Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Agardamos que fora de proveito!

  • VISITA Ó DOLMEN DE DOMBATE E CASTRO DE BORNEIRO

    VISITA Ó DOLMEN DE DOMBATE E CASTRO DE BORNEIRO

    O alumnado e profesorado de 1º de Bacharelato acudimos o pasado 9 de novembro á vila de Cabana de Bergantiños para visitar o impoñente Dolmen de Dombate, e o non menos impoñente Castro de Borneiro. Tamén aproveitamos para ver de preto a casa na que viviu Eduardo Pondal en Ponteceso.

  • VII CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA OURENSE

    VII CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA OURENSE

    Este curso volmemos participar no certame de cinema OUFF Escola de Ourense. Non foi posible gañar, pero aquí tedes o diploma co que nos agasallaron. O ano que vén alí estaremos de novo e traeremos con nós algún premio!

  • CHEGA O MES DO AMOR!

    CHEGA O MES DO AMOR!

    Convidámosvos a subir ó noso blog os vosos poemas, cartas ou reflexións sobre o amor. Para poder facelo accede á pestana Participa, ou dentro do apartado blog, abaixo de todo, a Rexístrate. Que cupido vos acompañe!

  • Medo me dás! Curso 2016-17

    Medo me dás! Curso 2016-17

    PREMIADOS NO CERTAME "Medo me dás!". -1º Premio: Jorge Sotelo Mancebo por "A visita". -2º Premio: Alba Figueroa Paniza por "O pasado sempre volve". -Accésit: Sofía Mabel Vecino Fariña por "Prohibida obsesión". -Agasallo de consolación: Carla Blanco García por "A muller".

  • Medo na Biblioteca!!!

    Medo na Biblioteca!!!

    Convidámosvos a visitar a terrorífica exposición que prepararou o magnífico Equipo de Coordinación de Biblioteca. Agardamos que pasedes moito, moito MEDO!!!

  • DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

    DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

    Este vindeiro ano 2017 o autor ourensán Carlos Casares tomará o relevo de Manuel María como homenaxeado no Día das Letras Galegas. É un bo momento para ler e reler as súas obras. Convidámosvos a que o fagades!!

  • CERTAME DE POSTAIS DE NADAL. Curso 2016-17.

    CERTAME DE POSTAIS DE NADAL. Curso 2016-17.

    Este ano engadimos unha nova actividade. Trátase dun certame de Postais de Nadal en galego. Gustaríanos que demostrásedes as vosas habilidades artísticas participando neste certame e que ademais puidésedes felicitar amigos e familiares nestas datas coa postal gañadora. As bases do certame son as seguintes: Destinatarios: alumnado do IES Manuel Murguía. Prazo: ata o 10 de novembro de 2016. Formato: deben entregarse en formato DIN A4, e será imprescindible que leve un pequeño texto ou felicitación en galego acompañando o debuxo. Lugar de entrega: en calquera das dúas porterías do centro habilitaranse unhas caixas para recoller os traballos. Premios: tarxeta regalo de 20 euros para o gañador e de 10 para o segundo clasificado. A postal gañadora tentaremos reproducila e distribuíla polo centro para felicitar as festas en galego. Animádevos!!!

  • ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2016

    ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2016

    A semana pasada fixemos entrega dos premios do concurso de postais de Nadal 2016. @s galardoados foron: 1º Premio: Yuliana Furtado Ferreri, Hugo Fernández Rico, Paula Martínez Casal e Nahir Mourín Fernández. 2º Premio: Andrés Miguel Cornieles Martínez, Yangeimi Michelle Fernández Márquez, Iria García Olveira, Magdalena Rodríguez Blanco e Diego Villaverde Vilas. Parabéns a tod@s!

  • UN MONSTRO VÉN A VERME

    UN MONSTRO VÉN A VERME

    Xa temos na biblioteca do centro a versión en galego, traducida por Xesús Fraga para a editorial Kalandraka, do grande éxito de Patrick Ness, UN MONSTRO VÉN A VERME. Convidámosvos a que a leades!

Últimas ACTIVIDADES

1col

ACTIVIDADES

Coñeces as actividades do EDL?
Entra aquí e verás o que facemos: xogos, concursos, obradoiros, radio, música...
ENTRAAAAA
1col

BLOG DOS ALUMNOS

Gústache escribir?
Cóntanos anécdotas divertidas, cales son as túas paixóns, publica os teus contos, cancións ou poemas... Fala aquí do que ti queiras!
VAI AO BLOG
1col

CLUB DE LECTURA

Gústache ler? Únete ao club de lectura do instituto e fálanos da última novela que liches, do teu poema preferido. Comparte aquí as túas opinións e reflexións!
ENTRA E COMP@RTE

Quen somos?

O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Manuel Murguía, que lle abre o seu portal a toda a comunidade educativa á que lle guste:

a) Falar de raio
b) En galego

Podo participar?

Es alumno, profe, persoal administrativo, pai dun alumno...?
E ti, que non es de Arteixo, simpatizas co que facemos?

Sodes benvidos :)

Onde estamos?


Ver mapa más grande

Como participar?

Para crear unha conta e poder escribir nalgunha sección do portal, cubre este formulario. Contestarémosche axiña.