EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

101 Lunares. Carla Ferrín Martínez. 4º A ESO.

101 lunares admiro,
como Xulieta a Romeo
antes de morrer.

101 lunares observo,
de tal maneira
que a dona destes
me mira con despeito,
pero non di ningunha palabra.

Bástame mirala aos ollos
para comprobar que o seu corazón
xa non é dela,
senón meu.

101 lunares simbolizando
todas as estrelas
coexistindo en aqueles escuros abismos,
chamados luceiros.
Un simple defecto
lóbrego,
que desculpa
cando sorrí.

Carla Ferrín Martínez. 4º A ESO.