EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

CANTO SABES DE -3

Canto sabes de? 3

Que prazo teño para contestar? Do luns 25 de novembro ao domingo 1 de decembro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

CANTO SABES DE -2- pregunta

Canto sabes de? 2

  Como podo ver a pregunta antes do luns? Clica no Gústame e faite amigo do noso Facebook. Que prazo teño para contestar? Do luns 18 ao domingo 24 de novembro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

Trompo-cartel_720x1024

Mañá xoves, ven ao magosto e baila o teu trompo

Mañá xoves, as dúas últimas horas de clase os rapaces de 1ºESO poderán amosar o ben que bailan o trompo, coñecer outras modalidades de buxainas, e degustar un saboroso magosto. Facede fotos. Subirémolas á web.

Dia-da-ciencia-con-Jorge-Mira

Grande éxito do Día da Ciencia con Jorge Mira

Desde onte no IES Manuel Murguía xa sabemos como cun simple pau, capacidade de observación e un pouco de trigonometría podemos calcular a distancia da Terra á lúa e ao sol, como xa fixeran os antigos gregos. Grazas á Coordinadora Galega de ENDL por esta marabillosa iniciativa. Podedes ver se queredes o vídeo completo da conferencia.

dia-da-ciencia-12.30h-slider_800x150

Dia da ciencia en galego con Jorge Mira, e por videoconferencia!

O vindeiro martes 12 de novembro participamos nas actividades do IV Día da Ciencia en Galego, organizada pola Coordinadora Galega de ENDL. En que consiste a actividade? Nunha videoconferencia con Jorge Mira. Quen é Jorge Mira? É profesor e catedrático de Física Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. E tamén un coñecido divulgador científico e director do Programa ConCiencia. Tamén o coñecederes por ser un dos presentadores do programa da TVG Cifras e letras. Título da videoconferencia: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol. En que consiste? Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Jorge Mira contaranos como fixeron eses gregos para saber o tamaño do mundo que habitamos e calcular a distancia á lúa e ao sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea. Quen vai participar? Os alumnos de 4ºESO e de 1ºBAC que estudan Física.  Data e hora Martes 12 de novembro entre as 12:30 e as 13:30. Lugar: Salón de actos do IES Manuel Murguía.

Fura trompos

Outras variantes sociais do xogo do trompo… En fin, esperemos non acabar mal. Polo teu ben, practica Rompe trompos. É unha variante do xogo do círculo no que se “ataca” o trompo dos outros para paralo ou sacalo do círculo. Neste caso lánzase de forma brusca e inténtase darle co ferrón no pirucho do outro. Neste caso, os trompos sofren as consecuencias: desde unha marca ou “becho” ata partir o trompo. De aí o nome do xogo.

CANTO SABES DE -1- PREGUNTA

Canto sabes de? 1

Como podo ver a pregunta antes do luns? Clica no Gústame e faite amigo do noso Facebook. Que prazo teño para contestar? Do luns 11 ao domingo 17 de novembro. Como fago para contestar? Vai á sección Participa desta web e cubre o formulario: No asunto da mensaxe indica: “Canto sabes de?” Na mensaxe indica a túa resposta. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio.          

Cartel do concurso de contos de medo do IES Manuel Murguía

Concurso “Medo me dás”

Participa no novo concurso do IES Manuel Murguía e fai un conto terrorífico. Onde publico o meu conto? Na sección “Eu falo” deste portal. Se non son usuario da páxina, como podo publicar? Vai á sección Participa  (pódela ver na parte superior dereita da páxina). Cubre o formulario e no texto da mensaxe solicita un usuario para o blog “Eu falo”. No prazo máximo dun día recibirás no teu correo electrónico un Usuario e un Contrasinal e as instrucións para entrar na páxina. Se xa son usuario da páxina, como podo publicar? Entra no teu panel de control picando aquí. Introduce o teu Usuario e Contrasinal. Na pestana Entradas, “Engade unha nova entrada” co teu conto. Pica na categoría “Literario” Ponlle ao teu texto a etiqueta “medo” Se non me aclaro, que podo facer? Escribe un correo electrónico a faladeraio@gmail.com explicando o que che pasa. Axudarémoste. Haberá premios? Claro, e serán terroríficos. Cando recibirei o premio? A entrega dos agasallos terá lugar na gala final de curso. Premiarase aos vencedores de todos os concursos promovidos por Fala de raio.

trompo-xogoscolectivos-circulo

Xoga ao trompo con amigos

O xogo do trompo ten moitas variantes sociais: A sorte da “raia”. Para saber quen comeza a xogar en calquera xogo, bótase a sorte da raia, que consiste en que todos os xogadores lanzan o seu peón cara a unha raia. A orde de colocación para empezar dependerá da distancia á que quede cada peón desa raia. O primeiro será o que quede máis preto. O xogo do círculo. Trázase un círculo no chan e faise bailar o trompo. Deseguido outro compañeiro lanza o seu coa finalidade de sacar o trompo do primeiro do círculo. Así van lanzando todos os participantes. Gaña quen dá mantido o seu trompo dentro do círculo. Sacar obxectos. É outra variante do xogo do círculopero o que se intenta sacar neste caso son outros obxectos: bólas, chapas, moedas… O cadeliño: báilase o trompo e condúcese colocando a piola arredor do ferrón e xuntando os dous cabos nas mans para facilitar o seu desprazamento.

trompo-habilidades-levantalococordel

Es un virgalleiro co trompo?

Que clase de virgalladas sabes facer co trompo? Atréveste co ascensor? Faille un lazo coa piola arredor do ferrón, colle a piola polos dous cabos e tira dela cara a arriba levantando o peón no aire e recolléndoo bailando na cunca da man. Dás feito a serra? Baila o trompo e coloca a piola arredor del, collida cunha man polos dous cabos e pola dobrez coa outra. Axústaa o máis posible ao ferrón e levántaa no aire. Vai inclinando o cordel para que o peón se desprace polo raíl que formaches.Practica e fai fotos ou grávate. Colgarémolas da web.