EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Talasonimia sepultada polas obras do Porto Exterior da Coruña.

Os nomes sepultados na Punta Lagosteira

mayo 21, 2014 by ACTIVIDADES, OBRADOIROS No Comments

No 2004 comezou a construírse o Porto Exterior da Coruña a carón do polígono de Sabón, na Punta Lagosteira. As obras levaron por diante o Castro do Cociñadoiro, un curioso castro costeiro, con casas rectangulares, e o máis antigo da provincia da Coruña. Moitos considerárono un drama! Pero non só supuxo a desaparición de parte da nosa historia material, senón tamén da inmaterial. Como nos contou onte Vicente Feijoo, é enorme a cantidade de nomes da costa que quedaron sepultados polas obras do porto exterior na Punta Lagosteira.  Fixádevos na ilustración!

Vicente Feijoo fálalles da toponimia de Arteixo aos alumnos do IES Manuel Murguía

Do Cu Cagado ao Quinto Pino e outros topónimos interesantes ;)

mayo 20, 2014 by ACTIVIDADES, OBRADOIROS No Comments

Por que en Oseiro hai unha pedra que se chama O Cu Cagado?  Disque é un nome habitual en toda a costa galega (por exemplo, O Con Cagado), porque son pedras cagadas polos corvos mariños, pero se cadra, como comentaban algúns alumnos que llelo oíron contar aos seus avós, débese a que cando baixa a marea esta pedra semella un cu cunha parte negra na rocha, como se estivera cagado. Por que non lle sacades unha foto á pedra e investigades o nome preguntándolles aos vosos avós? Investigar é o que leva feito arreo o noso convidado de onte, Vicente Feijoo Ares, que durante moitos anos foi o coordinador dos traballos de campo do proxecto Toponimia de Galicia e que actualmente traballa no Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. Vicente estivo aquí no Instituto con alumnos de 3º ESO e de 4ºESO. Falounos de nomes ben curiosos do noso concello e das súas orixes: Lama Má, O Salto do Carro, A Silla do Rei, O Coto das Meigas, O Porto das Bendicions ou O Cabo Cociñadoiro. Ensinounos que detrás dos nomes hai paxaros, ríos, montes, pedras, ritos, lendas… Cantas sorpresas levamos! A partir de agora sen dúbida ímonos fixar máis nos topónimos do [...]

letrasgalegas2014-slider

Se ten que chover, que chova…

Fala de raio quere unirse hoxe, o Día das Letras Galegas, á homenaxe a Xosé María Díaz Castro. Porque sabía do valor das cousas pequenas e humildes pero bonitas e nos amosa por que non debemos pisotear nada que teña vida: Herba perquerrechiña que con medo sorrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿por que de ser pequena te me avergonzas ti? ¡O Universo sería máis pequeno sen ti! Porque se comprometeu fondamente co país. Son moitos os exemplos de poesía reivindicativa nas nosas letras, pero “Penélope“, o máis coñecido de Díaz Castro, deu cunha das mellores definicións de Galicia: Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise [...]

O IES Manuel Murguía de Arteixo participa no Correlingua 2014 co lema "O galego pisa forte"

O galego pisa forte no Correlingua 2014

mayo 15, 2014 by ACTIVIDADES, CORRELINGUA No Comments

Un ano máis, os alumnos de 2ºESO do IES Manuel Murguía participaron no Correlingua da Coruña, tan multitudinario coma sempre. Nesta ocasión fixemos unha fermosa pancarta, co lema “O galego pisa forte“. Boa maneira de agardar polo Día das Letras Galegas, un 15 de maio espectacular, coroando o Correlingua cun movido concerto de rock e co sol brillando sobre a Torre de Hércules! Se queredes ver o álbum de fotos, entrade no Facebook de Fala de raio.

letras galegas_teatro_paso de valverde (7)

Díaz Castro por Paso de Valverde

Onte os alumnos de 3ºESO e 4ºESo do noso centro achegáronse dunha maneira ben divertida á poesía de Xosé María Díaz Castro, poeta ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os actores da Asociación Teatral “Paso de Valverde” de Arteixo viñeron ao instituto e fixeron unha fermosa lectura dramatizada que non nos deixou indiferentes!