EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

canto sabes de - premiadas - ikram e paula noya

Xa temos gañadoras do concurso “Canto sabes de…?”

Ikram El Archi, de 1º ESO G, e Marta Noya, de 3º ESO B, son as gañadoras do certame “Canto sabes de…?” do curso 2013-2014, nas categorías respectivas de 1º ciclo e 2º ciclo. Xusto antes da gymkana do pasado venres ambas as dúas recibiron cadanseu agasallo. Podedes ver como locen o seu “galician style” Ikram e Paula, que recolleu a bolsa da súa irmá. Felicitámolas ás dúas pola súa participación constante e mais por resolveren ambas a proba do Nadal sobre “A volta ao mundo de Phileas Fogg“, que puntuaba dobre.  

bagoas de sangue - nerea cotelo - medo me da

“Bágoas de sangue” gaña o concurso de contos Medo me dá

Parabéns a Nerea Cotelo García, de 1ºESO C, gañadora do certame de contos de medo convocado no outono por Fala de raio. O seu relato gustoulle moitísimo ao xurado, pero tamén aos seus compañeiros e lectores, como amosan os comentarios nos seus posts. Se vos apetece, podedes reler esta fantástica historia no blog Eu falo, dividida en tres entregas: aquí, aquí e tamén aquí. E mañá, antes da gymkana, entrega do premio! Nerea, ven recollelo!!!

Gymkana do concurso "Canto sabes de...?" (IES Manuel Murguía)

Premios de Fala de raio e gymkana final

Este venres terá lugar a agardada entrega de premios dos concursos Fala de raio: Quen será o gañador do certame de contos de medo? Quen gañou o concurso “Canto sabes de…?” Vide ao patio, e xusto antes da gymkana final, faráselles entrega dos premios aos gañadores! E deseguido, concurso de probas de habilidade, enxeño e bo humor co que despediremos o curso. Forma un equipo de 2, 3 ou 4 membros e participa! Haberá substanciosos premios!

concurso cocacola

Creatividade literaria :)

junio 12, 2014 by CONCURSOS No Comments

Parabéns á nosa compañeira Paula Baña Aller, de 2º ESO F, que acadou o segundo premio en lingua galega do concurso de redacción que cada ano convoca Coca Cola. A entrega de premios tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago o venres pasado.  

conferencia-tailandia-iesmanuelmurguia1

Viaxamos por un mundo diverso

junio 12, 2014 by ACTIVIDADES, OBRADOIROS No Comments

Ao longo destas últimas semanas o alumnado de 3º PDC, non deixou de sorprendernos pronunciando interesantísimas conferencias, integradas baixo o título xenérico de “Viaxamos por un mundo diverso” no ciclo “Todos ensinamos, todos aprendemos” que está a desenvolverse na biblioteca do noso centro. Tivemos ocasión de coñecer a través destas exposicións moitas cousas que non coñeciamos sobre Galicia, que nos achegou Diego Caamaño. Tamara Santos e Andrea Rozamontes fixéronnos máis próxima a realidade de Tailandia e Pedro Cancela e Adián Seixas centráronse en Venezuela. Kariama Mahdaoui, Nathaly Marín e Thais Salazar aproximáronnos a Ecuador e mais a Marrocos, lugar de orixe de boa parte do noso alumnado. Thais Salazar e Araceli Ventureira faláronnos sobre o pobo xitano e Carlos Contreras e Ismael Rozamontes finalizaron o ciclo ilustrándonos sobre a República dominicana. Así cada día, nunha biblioteca ateigada de público asistente, cada segundo recreo os propios alumnos fóronnos falando das súas paisaxes, linguas e comidas, e ata puidemos degustar algunha esquisitez, como té de menta ou doces típicos, todos deliciosos! Tamén fixeron soar as súas músicas, coa colaboración do alumnado de 1º ESO B. Estamos moi orgullosos destes alumnos pola calidade do seu traballo. Parabéns aos vosos profes, Cristina Galán e Begoña Campos, e a [...]