EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

II Concurso de relatos do outono-horizontal

II concurso literario do outono

Tras o grande éxito do “I Concurso de contos de medo” do ano pasado, Fala de raio convoca o “II Concurso literario do outono”. Que teño que facer? 1. Escribir un relato antes do 30 de novembro. 2. Cunha extensión máxima de 500 palabras. 3. O tema é libre 4. É obrigatorio introducir no conto as seguintes palabras: avogado, magosto, purpurina, maxia, rodaballo. 5. Ponlle a etiqueta ‘concurso do outono’. 6. Publícao na páxina faladeraio.es, na sección “Eu falo”. Haberá premios? Claro. Mira o premio da anterior edición. Se non son usuario da páxina, como podo publicar? Vai á sección Participa  (pódela ver na parte superior dereita da páxina). Cubre o formulario e no texto da mensaxe solicita un usuario para o blog “Eu falo”. No prazo máximo dun día recibirás no teu correo electrónico un Usuario e un Contrasinal e as instrucións para entrar na páxina. Se xa son usuario da páxina, como podo publicar? Entra no teu panel de control picando aquí. Introduce o teu Usuario e Contrasinal. Na pestana Entradas, “Engade unha nova entrada” co teu conto. Pica na categoría “Literario” Ponlle ao teu texto a etiqueta “concurso outono” Se non me aclaro, que podo facer? Escribe un correo electrónico [...]

producions fala de raio

Producións Fala de raio, finalista no Ouff Escola

As curtametraxes realizadas o curso pasado polos alumnos de 1º Bac do IES Manuel Murguía coa súa promotora Producións Fala de raio son finalistas do “OUFF ESCOLA”, o certame escolar do Festival Internacional de Cine de Ourense. O día 19 de novembro é a gala de entrega de premios. Nela coñeceranse os gañadores desta edición, na que participan 76 películas realizadas por estudantes de institutos de toda Galicia. Os traballos foron valorados por un xurado composto por César Silva, director de programación do OUFF, Carlos Montero Álvarez, fotógrafo e crítico de cine, Paz Villar, coordinadora do proxecto Cine e Saúde, Manoli Maseda, coordinadora provincial das equipas de normalización e dinamización Lingüística e Gregorio Ferreiro Fente, representante de Secretaría Xeral de política Lingüística. O OUFF Escola entregará un primeiro premio de 600 euros, un segundo premio de 400 euros, e o Premio Blanco Amor ao Mellor Guión, dotado con 300 euros.

Nerea Cotelo recibe o seu premio como gañadora do certame "Contos de medo" do curso 2013-2014

Recolle o seu premio a gañadora do certame “Contos de medo” do curso 2013-2014

Nerea Cotelo por fin recolle o seu premio como gañadora da edición do concurso Contos de medo do curso pasado co seu conto “Bágoas de sangue”, que escribiu en 3 entregas (podes lelo aquí, aquí e tamén aquí). Parabéns de novo, Nerea! E vós, ide quentando! Nos vindeiros días convocarase a nova edición do concurso literario do outono para este curso.