EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

festipopeons_web

Premio no Festipopeóns

O traballo dos nosos alumnos elaborando artesanalmente peóns cada ano por iniciativa do Departamento de Educación Física levou estes días o “Premio de decoración de peóns” no III Festipopeóns, o Festival Ponteceso de Peóns, que organizan a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e mais o Melga, o Museo Etnolúdico de Galicia. É un interesantísimo certame que ten como obxectivo principal difundir e divulgar este xogo. A nosa embaixadora en Ponteceso foi a profesora Ángeles Lence, que deleitou as moitísimas persoas que enchían o recinto do Centro Cultural co seu saber, pedagoxía e bo facer e amosou no nome dos alumnos do IES Manuel Murguía unha ampla colección de peóns. Podedes ver algunhas fotos dos peóns e dos trofeos no álbum colgado no Facebook de Faladeraio.

OUFF-Ourense

Entrega de premios no Ouff Escola

Producións Fala de raio asistiu onte á entrega de premios do Ouff Escola, a sección escolar do Festival Internacional de Cine de Ourense. A gala tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense e alí se desprazou unha ampla representación dos alumnos que traballaron o curso pasado na elaboración de 11 curtametraxes no noso centro. Finalmente os premios non viñeron para Arteixo, pero prometemos volver outro ano para resarcirnos Parabéns aos gañadores, especialmente ao IES de Cacheiras, que coa súa curta “Persoas” levou o primeiro premio da categoría xuvenil, mais tamén ao IES Ramón María Ulloa, que obtivo o segundo premio coa curta “O libro“, e ao IES Xulián Magariños, premiado co premio ao mellor guión pola curta “Non nos quitaredes os soños“.

Dia da ciencia en galego 2014-1 - blog

V Día da Ciencia en galego, este ano sobre programación de ordenadores

noviembre 3, 2014 by ACTIVIDADES, CIENCIA No Comments

Este mércores 5 de novembro participamos nas actividades do V Día da Ciencia en Galego, organizado pola Coordinadora Galega de ENDL. En que consiste a actividade? Nunha videoconferencia con Manuel Caeiro Rodríguez. Quen é Manuel Caeiro? É profesor doutor na Escola de Enxeñería de Telecomunicación na Universidade de Vigo. E tamén responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa. Título da videoconferencia: A ciencia da programación de ordenadores. En que consiste? Imos achegarnos á historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Tamén se van introducir ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego. Quen vai participar? Os alumnos de Tecnoloxía e Informática de 4ºESO  Data e hora Mércores 5 de novembro entre as 12:00 e as 13:00. Lugar Salón de actos do IES Manuel Murguía.