EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

0 superacion, resistencia

I Congreso escolar ‘Superación e resistencia’

Moitas son as persoas que teñen que enfrontarse acotío a infinitas complicacións e dificultades, unhas físicas, outras sociais. O vindeiro martes no IES Manuel Murguía poderemos asistir ao I Congreso escolar ‘Superación e resistencia’, no que serán os propios alumnos do instituto os que nos falarán de varias persoas que conseguiron superarse a si mesmas pese a todas as barreiras e acadar grandes logros persoais, e tamén outras historias e proxectos sociais que axudan a cambiar o mundo un pouco a mellor. Os grupos da ESO de 1º A, 1º A ámbitos, 3º B, 3º C, 3º D, 3º E, 4º B e 4º E presentarannos as historias humanas de Hellen Keller e Anne Sullivan, de Daniel Stix, de Pedro García Aguado (Hermano mayor) ou do noso veciño Iván Montero, casos emblemáticos de superación persoal, e as de Mandela, Malala, Shadi Sadr, Pucho Boedo ou Darwin, paradigmas da resistencia social contra a opresión racial, sexual, lingüística ou relixiosa. Tamén nos presentarán varios proxectos de circo social que axudan a construír a paz, a alegría e o benestar en lugares conflitivos do planeta.  

candidaturas olloboi

Low costo e Novos veciños, finalistas no certame Olloboi 2015

As curtametraxes ‘Low costo‘ e ‘Novos veciños‘, feitas integramente por alumnos de 1º BAC do noso centro, son finalistas en varias categorías do certame audiovisual Olloboi 2015. As categorías do concurso son 10 (Cómico, Pelón, Fotoxénico, Orixinal, Online, Animado, Zamburrioi, Especial Embarcacións tradicionais e Universidade e Escolas audiovisuais). Presentáronse a este certame 60 centros e 149 curtametraxes, así que non está nada mal! ‘Low costo’ é finalista en 4 categorías: Fotoxénico, Orixinal, Online e Zamburrioi. Parabéns a Héctor Rodríguez, coguionista e director, a Bieito Romero, o outro coguionista, e ao resto de participantes. ‘Novos veciños’ é finalista na categoría Orixinal. Parabéns tamén aos seus autores, do director Martín Naya, aos técnicos e actores e actrices. Moita sorte a todos o vindeiro sábado 30 de maio. Estaremos alí, na Gala final, en Boiro, participando dunha nova festa do cinema en galego. Podedes ver todos os candidatos e datos do certame na web de Olloboi e no Facebook de Olloboi.    

ROSALIA E EU - NA BIBLIOTECA

Selfie con Rosalía!

Ven celebrar as “Letras Galegas” á biblioteca. 1) Tunéate: tes un espello, tes uns pos máxicos…   2) Faite un selfie con Rosalía.      3) Mándao a faladeraio@gmail.com.     Faremos un álbum coas mellores!  

kailash satyarthi-alumnas 3eso

O sorriso do Premio Nobel, por Ana Díaz

mayo 15, 2015 by NO ESCENARIO No Comments

O pasado xoves tiven a fortuna de asistir, xunto con Charo Martín -outra profesora do IES Manuel Murguía de Arteixo- e de varios alumnos de 3º ESO B, á conferencia que deu Kailash Satyarthi en Palexco, o Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña. Os alumnos están a facer unha curtametraxe sobre Malala, e este activista hindú compartiu o premio Nobel da Paz 2014 coa rapaza paquistaní. Kailash Satyarthi loita dende hai varias décadas contra a explotación infantil de calquera xénero e en calquera lugar. Estudou enxeñería eléctrica, pero un día deixouno todo por un obxectivo que lle pareceu máis importante. Dende o momento en que aparece no escenario, Kailash impacta. É alto e delgado. Vai vestido con roupa de gala do seu país e fala de xeito pausado. Xesticula pouco ,pero sorrí constantemente. Fala con naturalidade e sen dramatismos das inxustizas terribles que viviu en primeira persoa. Explica coa sinxeleza dun neno que os gastos militares dun só día no mundo poderían remediar a fame dun ano. Kailash insiste na importancia da compaixón, de poñerse no lugar do outro. “Eses nenos que están a ser explotados son os nosos fillos, os nosos irmáns”. Non podemos mirar para outro lado. Amosa determinación. [...]

Hoxe o galego en… Polonia

Fernando, Diego, Iván e Chechu, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes polacas que aprenden galego na Universidade de Varsovia. Grazas a eles e tamén á súa profesora Rebeca Lema. Unha aperta desde Arteixo!

Hoxe o galego no… País de Gales

María, Nerea, Pedro, Laura e Aitor, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes de galego na Universidade de Bangor, no País de Gales. Graciñas por participar e un saúdo tamén para a súa profesora Lorena López.

Hoxe o galego en… Alemaña

Fran, Ismael, Arturo, Lucía e Ergin, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes alemáns que estudan galego na Universidade de Leipzig. Grazas a eles e tamén ao seu profesor Daniel Barbero Patiño.

Hoxe o galego en… Inglaterra

Flor, Aness e Safae, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía de Arteixo, conversan con Octavian, mozo inglés que estuda galego na Universidade de Oxford. Thank you, Octavian. We are looking forward to seeing you soon in Galicia. E grazas tamén ao seu profesor Diego Pardo Amado.

Hoxe o galego en… Croacia

Flor, Esteban, Ayoub e Yael, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía de Arteixo, conversan con estudantes universitarios croatas que estudan galego na Universidade de Zadar. Grazas a todos por charlar connosco e tamén á vosa profesora María Rosales.

Hoxe, o galego en… Italia

María, Leticia, Nerea e Mateo, alumnos de 1º ciclo do noso instituto, conversan con algúns mozos italianos que estudan galego na Universidade de Padova, coa profesora Gemma Álvarez Maneiro. Grazie a loro!