
Un encontro inesperado
http:// Unha curta de Rodrigo Silva, Yago Ferreira, Jimena Kovacevic, Neserine Bourtal, Álvaro Regueira, Lucía García, Alejandro Suárez e Jéssica Romero, alumnos de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Sinopse: Dous rapaces de familias moi diferentes son considerados parella por mor dun equívoco Os pais toman cartas no asunto e planifícanlles o futuro.

¡¡CAMPIOAS DE ESPAÑA!! NORABOA
A Selección Galega Sub17 Feminina de Fútbol Sala deunos o día 6 de febreiro unha enorme alegría ao proclamarse campioa de España logo de superar a Cataluña na final por 3 a 1. A nosa Selección puxo así o broche de ouro a un campionato perfecto no que demostrou ser o mellor equipo e xusto campión. Noraboa a Aida Yáñez e a todas as súas compañeiras. Máis información en Facebook faladeraio.es.

O carteiro do amor
Este venres os carteiros do amor repartiron polas clases boas novas. Velaquí os tedes clasificando a grande cantidade de cartas recibidas. Nótase que o amor está no aire
CHATTING
Unha curta de Alana Vázquez, Laura Veiga, Natahel Regueiro, Jennifer Golán, Antía Otero, Lara Santolaria e Carla López, alumnos de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Sinopse: Marta está farta de non ter parella e decide comezar unha relación por Internet. Todo vai ben, pero o que non sabe é quen se agocha do outro lado!