EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Os Carballo

abril 28, 2016 by ACTIVIDADES, CINE No Comments

http:// Unha curta de Joana Álvarez, Alejo Cedeira, Miguel Cruz, Pablo de la Fuente, Manuel Fuentes, Uxía Veira, alumnos de 2º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Sinopse: Na cea familia dunha familia acomodada morre misteriosamente o patriarca.

WILD HEELS

abril 22, 2016 by ACTIVIDADES No Comments

Wild heels obtivo o terceiro premio na VI edición do CINEOI 2016. Película realizada por : Carla Barral, Flor da Silva,Nerea Maneiro, Cristina Mira, Saray Rodríguez,Amanda Ramírez, Yolanda Casás e Cristina Torres. Parabéns a todas!!!!

PREMIOS CINEOI 2016

A curtametraxe “Non me recoñezo”, que fala da manipulación fotográfica no mundo da moda, acadou o 2º premio na categoría xuvenil, e a curta “Wild Heels”, un thriller de traición e asasinato o 3º premio na mesma categoría. Os dous traballos foron realizados por alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do IES Manuel Murguía. Recolleron o premio Carla Barral e Flor da Silva por “Wild Heels” e Irene Fernández, Marta Follente, José Antonio García e Celia Lorenzo por “Non me recoñezo”. Noroaboa a todos os participantes!!

2º Premio Tíralle da lingua 2016

Parabéns unha vez máis aos nosos xa citados Nicole e Noelia, finalistas, e Pablo e Nico, finalmente gañadores do segundo premio, na súa categoría , nesta décimo sexta edición do certame Tíralle da Lingua. Parabéns tamén a todos os que participastes e compartistes a emoción de subir ao escenario e gozar das actuacións que hoxe podemos ofrecervos en Fala de raio: Antía Canedo, Susana Rodrígez, Emma Vázquez, María Cedeira, Yao Gómez e Noelia Cedeira. Grazas polas vosas actuacións e entusiasmo !!! Aquí tedes a estes dous artistazos en plena actuación no Teatro Principal de Compostela.

Tíralle da lingua

abril 7, 2016 by ACTIVIDADES, CONCURSOS, FALA TV No Comments

Xa temos representantes para a fase final do tíralle da lingua: Nicole Macías e Noelie García de 1º C que obtiveron o primeiro premio. Nico Paz de 2º ESO C e Pablo Maceiras de 2º ESO D, segundo premio. O nivel estivo moi alto e hai que felicitar a todos os participantes. Verémolos outra vez na fase final que se celebrará o mércores 13 no Teatro Principal de Santiago. Parabéns

BICOS CON LINGUA

abril 7, 2016 by ACTIVIDADES, NO ESCENARIO No Comments

Hoxe tivemos a oportunidade de asistir á representación de BICOS CON LINGUA. Rimos e disfrutamos do bo traballo de Talía Teatro.