EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

frankestein

Medo na Biblioteca!

octubre 27, 2016 by ACTIVIDADES No Comments

Na biblioteca do centro tedes unha exposición terrorífica coa que nos deleitan as persoas encargadas de dinamizar a biblioteca. Convidámosvos a asistir e pasar moito, moito medo!!! https://youtu.be/CVoHnjONqsc

rag-2

Visita á Real Academia Galega/Casa Museo Emilia Pardo Bazán e Roteiro cultural por A Coruña

octubre 27, 2016 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

                         

Prohibida obsesión

Véxote alí sentada, esperando, nunca sei en qué pensas, pero fascíname observarte dende onde ti non podes saber que o fago, encántame sentir que é un xogo de dous a pesar de que non o sexa, pónme nervioso, excítame e cálmame a partes iguais. Non te coñezo, non me coñeces, pero é o noso xogo. Preciosa; estás simplemente espléndida: cos teus zapatiños náuticos azuis que bailan distraídos graciosamente complementando ás medias verdes que cobren eses pés que aínda que non os vexa sei que son un dos extremos de perfección en que termina o teu fantástico corpo; enamórame que só cubran os teus xeonllos, os teus muslos tersos deixanme imaxinar cómo sería acariñalos e sentir como reacciona a túa pel erizándose e esa falda azul con ese voo que consegue enrabietarme, eses pregos, qué sortudos; polo verde, froxo, non me deixa intuir a túa silueta, con clase, pegado ás bonecas. Non sei o teu nome pero mereces que sexa Beleza, ese é o que susurrarei cando atente contra Deus e exerza o meu amor propio. Levántaste daquel banco e acomodas a túa falda, pasas as mans sobre ela, alisándola, querendo quitar calqueira imperfección e eu mórdome os beizos, quero arrancala e daríame [...]

bibliotec-medo

Medo na biblioteca!!!

octubre 24, 2016 by ACTIVIDADES, BIBLIOTECA No Comments

Achégate á biblioteca e colle libros para pasar medo. Estamos no outono! Colle unha manta,  mira a chuvia pola ventá, prepara unha boa cunca de chocolate quente e le…https://youtu.be/CVoHnjONqsc

O pasado sempre volve.

“Nunca fun eu moi de historias, a verdade, pero creo que esta paga a pena contala. Servirache a modo de lección, a ti e a quen a precisa, estou segura. Farán xa uns catro anos que Miranda apareceu en escena. Coma todos os nenos, encantábanlle os contos e as lambetadas. A última casa da rúa tiña de ambos, e alí que foi o primeiro verán que pasou na vila. Sendo tan cativa coma era; nove anos non son moitos que se diga; non dubidou da boa fe da pobre vella que llos subministraba. Todas as tardes os seus ollos verdes se depositaban na pantalla do televisor daquel lugar. E tamén todas as tardes tiña a liberdade de comer e xogar con todo canto atopara nesas salas. A cambio, debía gardar o segredo. Ninguén podía saber que ela pasaba alí o tempo. A vella explicoulle que se algún outro neno coñecía o que alí acontecía, querería quitarlle o sitio. Miranda, que sentía xa moito agarimo por aquelas catro paredes, decidiu calar. Unha tarde de moito calor en pleno agosto, a nena xogaba no salón cunha pelotiña de goma que máis que para nenos asemellaba para cans. Pouco lle importaba cando, ao caer o [...]

galicia-100

EXPOSICIÓN GALICIA 100.

octubre 9, 2016 by ACTIVIDADES No Comments

Recomendamos visitar a exposición que está a realizar a fundación ABANCA sobre 100 obxectos relacionados con Galicia na cidade da Coruña. Alí poderedes atopar a obra Cantares gallegos con textos manuscritos de Rosalía de Castro, a bandeira do Consello de Galicia utilizada en moitas intervencións de Castelao, un futbolín (xa que foi inventado por un galego), restos arqueolóxicos… Moi recomendable!!!

pesadelo-antes-de-nadal

CERTAME DE POSTAIS DE NADAL EN GALEGO. Curso 2016-17.

Este ano engadimos unha nova actividade. Trátase dun certame de Postais de Nadal en galego. Gustaríanos que demostrásedes as vosas habilidades artísticas participando neste certame e que ademais puidésedes felicitar amigos e familiares nestas datas coa postal gañadora. As bases do certame son as seguintes: Destinatarios: alumnado do IES Manuel Murguía. Prazo: ata o 10 de novembro de 2016. Formato: deben entregarse en formato DIN A4, e será imprescindible que leve un pequeño texto ou felicitación en galego acompañando o debuxo. Lugar de entrega: en calquera das dúas porterías do centro habilitaranse unhas caixas para recoller os traballos. Premios: tarxeta regalo de 20 euros para o gañador e de 10 para o segundo clasificado. A postal gañadora tentaremos reproducila e distribuíla polo centro para felicitar as festas en galego. Animádevos!!!            

A Visita

Don Xulio volvía a casa despois de facer a compra. Cargaba en bolsas os suministros mínimos para sobrevivir, xa que as súas dores de espalda crónicas e a ausencia de ascensor no seu edificio facían imposible a viaxe se levaba máis peso. Entrou no portal e mirou se tiña correo. Efectivamente, había unha carta dun amigo seu de Madrid, co que estaba xogando unha partida de xadrez por correspondencia. Entre a morte da súa muller e a xubilación quedoulle moito tempo libre. Meteu a carta nunha das bolsas e subiu polas escaleiras con moito esforzo pese a estar acostumado. Cando chegou á súa porta deixou as bolsas no chan e colleu as chaves do peto da súa chaqueta. Entón abriuna, meteu as bolsas e pechou con el dentro do piso. Foi directo á cociña para gardar a compra. Logo de rematar a tarefa doméstica, foi ate o salón para ver as noticias do mediodía. Para a súa sorpresa, atopou a unha rapaza sentada no sofá. Resultáballe moi familiar o seu rostro. Decatárase ao instante da identidade dela, pero pola súa saúde mental esperaba equivocarse. Ola Xulio!- dixo a rapaza. Don Xulio quedara sen fala. Tiña que ser unha alucinación ou un soño [...]

carlos-casares

DÍA DA LETRAS GALEGAS 2017. CARLOS CASARES.

O autor elixido este vindeiro ano 2017 para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas é Carlos Casares. Trátase dun excelente narrador que acabará engailándovos coa súa maneira de escribir. Este curso tedes algunhas obras del como lecturas obrigatorias en diversos cursos (Vento ferido, Os escuros soños de Clío…) e á vosa disposición na biblioteca do centro moitas outras que, de seguro, vos gustarán. Gozade coa lectura!!