EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Fotograma de Un monstruo viene a verme  de J  A  Bayona

UN MONSTRO VÉN A VERME, EN GALEGO, NA NOSA BIBLIOTECA.

noviembre 26, 2016 by ACTIVIDADES No Comments

A editorial Kalandraka acaba de publicar a versión en galego, traducida por Xesús Fraga, da magnífica obra de Patrick Ness, Un monstro vén a verme. Xa a temos dispoñible na biblioteca do centro para que poidades lela na nosa lingua. Achegádevos e gozade coa súa lectura!

dsc_0374

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME “Medo me dás!”

O venres 12 de novembro fixemos entrega dos premios do certame de relatos de terror Medo me dás!. Despois dunha longa deliberarión, debido á calidade dos textos, e despois de ter en conta criterios literarios, de corrección lingüística,  orixinalidade,  etc; concluímos que o gañador debería ser o relato A visita, de Jorge Sotelo Mancebo, xa que á calidade narrativa dun texto escrito por un neno de 3º ESO se sumaba a corrección lingüística. O segundo premio acadouno Alba Figueroa Paniza co terrorífico texto O pasado sempre volve, un relato que nos achega ós contos clásicos de medo que todos escoitamos cando eramos pequenos. E o accésit recaeu no orixinal texto de Sofía Mabel Vecino Fariña Prohibida Obsesión, un relato de terror psicolóxico moi orixinal, no que se emprega con mestría un narrador en segunda persoa. Os tres son textos altamente recomendables e calquera deles podería ser o vencedor. Tamén nos gustou moito o relato A muller de Carla Blanco García, unha alumna de segundo de ESO á que lle auguramos un bo futuro no mundo das letras. Parabéns a tod@s e moitas grazas por participar!    

dsc_0363

VISITA Ó DOLMEN DE DOMBATE E CASTRO DE BORNEIRO

noviembre 9, 2016 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

  O pasado 9 de novembro tivemos a posibilidade de contemplar o máis famoso monumento megalítico que temos na nosa terra: o Dolmen de Dombate, que conta con máis de 5000 anos de antigüidade. Tamén nos achegamos a outro enclave máxico, como é o Castro de Borneiro, e á casa de Eduardo Pondal. Aquí tedes algunhas fotos do percorrido. Se tedes oportunidade, non deixedes de visitar estes lugares que son, certamente, dous claros exemplos da nosa riquísima historia.

dsc_0337

VII Certame de Cinema OUFF Escola Ourense 2016

Un ano máis  celebrouse a entrega de premios do Certame de Cinema OUFF Escola de Ourense. Este ano non puidemos facernos con ningún premio, e debemos recoñecer que o nivel foi altísimo e era moi complicado gañar. De todos xeitos parabéns a todos os participantes e convidámosvos a seguir elaborando obras de arte coma as que adoitades presentar. Aquí tedes o diploma que nos entregaron pola vosa participación. Ánimo e xa veredes como o próximo ano gañamos!