EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A máis fermosa historia

Esta é unha fermosa historia que é capaz de transcender o tempo. Nalgún lugar, nalgún tempo, dous amantes víanse na beira dun pequeno rego xunto a un salgueiro. Bastan un par de minutos para esquecer as dores do día a día. Era o seu lugar, lugar do seu pecado, lugar do seu eterno segredo. Cruces de discretas miradas, fugaces sorrisos, palabras ocultas. No lugar ela era a máis fermosa rosa do xardín, el a espiña máis daniña. Aciaga sorte. Un terceiro oído decatouse do fermoso segredo, a moza sería del. Próximo encontro, ela corre, ela chora. Baixo o salgueiro, lúgubre vista. Lágrimas caen. El non respira. Horas máis tarde, ela non vive.  

DSC_0010

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO COA ACTRIZ ANA HERMIDA

febrero 24, 2017 by ACTIVIDADES, BIBLIOTECA No Comments

A actriz Ana Hermida e o noso alumnado fixeron unha emotiva e divertida homenaxe á máis grande autora das nosas letras, Rosalía de Castro. O acto tivo lugar no centro cívico de Arteixo onde se repasaron vivencias e poemas da escritora. Os rapaces e rapazas participaron activamente e achegáronse dunha maneira divertida ó universo rosaliano. Moitas grazas, Ana, pola túa simpatía e ó Departamento de Biblioteca pola organización da actividade.

DSC_0005

ANDREA MACEIRAS CONVERSA COS RAPACES E RAPAZAS DO IES MANUEL MURGUÍA

Hoxe, 21 de febreiro de 2017  tivemos o pracer de contar coa presenza da escritora Andrea Maceiras, que dialogou co alumnado do noso instituto e analizaron en profundidade a novela Europa Express, da Editorial Xerais (Premio Jules Verne 2015). Ademais fixo referencia a outras obras anteriores e contounos curiosidades do mundo da escritura profesional. Finalmente asinou exemplares dos seus libros e agasallounos coa súa simpatía.   Moitas grazas, Andrea!  

DSC_0015

PAULA CARBALLEIRA FIXONOS RIR A CACHÓN NO IES MANUEL MURGUÍA

febrero 17, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Hoxe estivo connosco Paula Carballeira dentro das actividades do Tíralle da Lingua. Os rapaces e os maiores gozamos coa súa maxistral actuación baseada en contos de medo. Rimos e pasamos moito medo, se non que llo digan a algúns rapaces que non deixaron de berrar cos sustos durante toda a hora… Grazas, Paula, foi un pracer verte no noso centro. Agardamos volver a atoparnos pronto. Grazas tamén á AS-PG, que fixo posible a súa visita e a tod@s vós, que vos portastes moi ben.  

Don da palabra

O don da palabra, aquilo que consegue todos os propósitos do ser humano, o que move a sociedade ao seu antollo, capaz de conquistar calquera cousa se é ben utilizada, o don da palabra. Tendemos a infravalorala sen saber realmente de que é capaz, todos os altos cargos do mundo saben perfectamente como utilizala, o arma máis potente de todas, o don da palabra. Juan Darío Souto Pombo Samuel Balseiro Díaz José David Rodríguez Reyes

Quilómetros por ti

febrero 13, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Percorro quilómetros supero obstáculos tan só por ti tan só por ti. Meu AMOR! Dásme alegría ao meu corazón porque San Valentín xa chegou. Eu poño a alma e o corazón douno todo por ti. A miña paixón! Daniel Campos Soto e Iván Brea Regueira 4ºB    

A choiva nas túas pestanas

Dis que amas a choiva pero abres o teu paraugas cando chove, mentres as gotas se coan polas túas pestanas. E quen me dera ser elas, para poder ir morrer á túa boca. Pero deixemos por un momento esas cousas de lado e dime: como se inspira a xente para escribir unha carta de amor? Non minto se che digo que mentres penso nunha resposta a miña mente só se centra nos teus ollos, porque xúroche que nin no infinito do universo hai estrela que brille máis ca eles. Non me xulgues, xa sei que non é esta a forma de escribirche poesía, pero éme inevitable imaxinarme rozando o latexo do teu corazón, reducindo todo así a unha única sensación. A min queréndote. E xa que decidín recordar como aquel día me bicaches, podo deducir que se no meu mundo ti es todo, iso baste como resposta.   Carla Rodríguez Varela, Antía Corral Ricoy  4ºE

febrero 13, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Sentinme traicionado xa non te vexo por ningun lado, Deixáchesme abandonado, como un can rexeitado porque, a verdade, amar sen ser amado é como limpar o cu sen ter cagado.   Christian Bermúdez

febrero 13, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Tiven un corazón, ata que mo roubou un mal amor. Ela era unha fermosura pero acabou enchéndome de amargura. Deixoume por Arón porque era un ricachón. Caín nunha gran depresión, e veume a inspiración para escribir esta canción, sobre o meu desamor e a perda do meu corazón, por culpa dun mal amor. Diego Moledo Borja Cancela

Poema de San Valentín – O pirata do amor.

febrero 13, 2017 by BLOG No Comments

Ter amor é un logro,  telo toda a vida o noso soño,  vivilo contigo meu tesouro,  coidalo máis ca un pirata o ouro.  A mañá o río de ouro,  a noite o mar de prata, eu por sempre voute amar, coma un pirata o mar.  Rodrigo Rial Martínez  4°B