EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal negativa

VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

Este luns, 22 de maio, realizamos unha videoconferencia co Instituto Cañada Blanch de Londres, onde se imparte a materia de Lingua Galega e Literatura. A rapazada, previamente, mantívose en contacto por carta e redes sociais dende hai uns meses. Fíxosenos curta a experiencia e todos temos ganas de máis. Un saúdo para Begoña, a nosa compañeira que traballa alí e para o seu alumnado. Agardamos vervos por aquí algún día. Estades convidados!! Bicos dende Arteixo para Londres!!!  

DSC_0339

ENTREGA DE PREMIOS EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E BIBLIOTECA

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2017, aproveitamos para facer entrega dos premios dos certames de poesía e deseños que convocou o EDL do centro e que contou coa colaboración do Departamento de Actividades de Biblioteca. Ademais  o alumnado foi obsequiado con agasallos   polo seu labor na actividade de elaboración de caligramas. Finalmente lembramos a Carlos Casares coa lectura de textos deste autor por parte de Anxo e Alba de 3º D ESO. Os gañadores na categoría de poesía do I Certame Viveiro de Poetas foron: 1º Premio:  Alba Figueroa Paniza (2º A Bacharelato) 2º Premio: David Rodríguez Ramos (2º A Bacharelato) O gañador na categoría de deseños foi: Iván Brea Regueira (4º B ESO) Agardamos que o acto fose do voso agrado. Parabéns a tod@s!!!  

Curtametraxes presentadas a cinEOI 2017

Aquí tedes as curtametraxes que se presentaron do noso centro para participar no festival cinEOI 2017 Nós, familia Unha relación tóxica Dobre identidade Problemas e máis problemas Celos matadores Día 13 A rosa seca Problemas de estudantes A sorte de Pepa A linguaxe dos teus ollos Nais Un roubo inesperado        

DSC_0235

Exposición sobre Carlos Casares na Biblioteca.

Na biblioteca do centro tedes xa unha fermosa exposición sobre Carlos Casares, escritor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas 2017. Ademais tamén recollemos os vosos fermosos debuxos sobre o autor, que presentastes ó certame de deseño. Aquí tedes algunhas fotos:  

DSC_0193

O alumnado de 4º ESO visita Sargadelos/O Castro (Sada) e o pazo de Mariñán (Bergondo)

mayo 7, 2017 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O venres 5 de maio visitamos cerámicas O Castro e o pazo de Mariñán. Os rapaces e rapazas do centro puideron percorrer as instalacións da fábrica creada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, entre outros. Alí puideron ver como era o proceso de produción e a galería de exposición e ventas. Ademais tiveron a amabilidade de ensinarnos o museo, onde hai orixinais de artistas da talla  de Castelao, Laxeiro, Seoane, Díaz Pardo, Maside, Lugrís… Despois desprazámonos a Bergondo para visitar o pazo de Mariñán, onde nos contaron a súa historia e nos ensinaron as obras de arte que alí se conservan. Tamén tiveron tempo para pasear polos seus fermosos xardíns a carón do río Mandeo, e para gozar das fermosas vistas con Betanzos ó fondo. O próximo día 12 de maio volveremos con outros dous grupos. Aquí vos deixamos algunhas fotos. Parabéns  unha vez máis polo voso comportamento!!!    

DSC_0157_01

CinEOI 2017. O NOSO CENTRO VOLVE CON TRES PREMIOS

mayo 1, 2017 by ACTIVIDADES, CINE, CINEOI, CONCURSOS No Comments

O noso alumnado volve demostrar un ano máis que en Arteixo hai unha excelente canteira de actores, actrices, directoras e directores de cine. A participación do IES Manuel Murguía foi a máis numerosa (12 películas) do certame que cada ano convoca  o EDL da Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Este ano os premiados polo noso centro  foron Dobre identidade (2º premio e premio Ben Falado, ó coidado da lingua) e A rosa seca (3º premio) . As autoras de Dobre identidade son Alba Blanco Rodríguez, Alba Rial Busto, Angélica Ballesteros Flórez, Belén Martínez Rodríguez, Catalina López Novo, Leslizet López González-Rubiera e  Lucía Sánchez Souto; premiadas con 150 euros e 250 euros nun vale para libros. A rosa seca  foi realizada por Beatriz Mouzo Gerpe, Rebeca Del Río Rollón, Sara Montero Cordero e Irene García Soto; galardoadas con 100 euros.   Non debemos esquecer tampouco a enorme calidade do resto de películas que presentou o noso centro, xa que calquera delas podería estar premiada. Polo tanto, debemos felicitar a todo o alumnado de 1º de Bacharelato que realizou estas curtametraxes e en especial ós autores das presentadas ó certame. Participaron este ano as seguintes películas, por parte do IES Manuel Murguía:   -Dobre identidade. (Alba Blanco Rodríguez, Alba [...]

IMG_0376

O TÍRALLE DA LINGUA CONTOU COA PRESENZA DO NOSO ALUMNDO NA FASE FINAL DE SANTIAGO

TÍRALLE DA LINGUA, FINAL EN COMPOSTELA Parabéns a Martín, Pedro, Joel e Daniel!  Melloraron con ganas os seus relatos nas súas actuacións, mais o nivel dos/as participantes foi moi alto, viñemos co agasallo dos aplausos recibidos e das risas e emocións vividas nesta XVII edición, na que participaron centros das catro provincias galegas. Parabéns tamén aos gañadores do CEIP Fogar, de Carballo; do CEIP A Mariña, de Reinante; do IES Díaz Castro, de Guitiriz; do Aquis Querquennis, de Bande (con premios en dúas categorías!!) e do IES Aquis Celenis, de Caldas de Reis, e o noso agradecemento á Asociación Socio Pedagóxica Galega polo seu traballo á fronte deste certame, potenciando a diversión e o valor da nosa lingua Actuación Joel e Daniel 1º Bacharelato Actuación Martín e Pedro 1º G Foto da entrega de premios no Teatro Principal Foto dos palcos do Teatro Principal de Santiago, onde se celebrou a fase final.   Foto dos nosos representante durante a primeira fase de centro.