EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. Boquete e Leo 4ºB

Podo estar afastado de ti, pode rematar o mundo, pódesme mentir aínda que así quede moribundo. Que eu seguireite amando como no primeiro instante, que eu seguireite esperando aínda que estea distante.  

EDDLG principal

Poema de amor. Meryem Ezzekraoui 4ºB

Haberá un millón de comezos, un millón de finais, en todos eles estamos ti e máis eu percorrendo novos lares . Porque así quero a miña vida compartindo momentos contigo, cada un dos meus días, un amor infinito. Meryem Ezzekraoui. 4º B ESO.

EDDLG principal

Paula Cancela Bouzas. Reflexión sobre o amor. 3º D ESO.

O amor a una persoa e o xeito de querer e amar a alguén tal e como é, de modo que nos sintamos moi felices xunto a el, e acompañados de respecto, comprensión e confianza nesa persoa. Aínda que o amor ás veces trae cousas negativas, hai que aprender a respectalas e non volvelas a cometer, gozalo o mellor posible. Porque o amor non necesita ser entendido, senón demostrado.   Paula Cancela Bouzas. 3º D ESO.

EDDLG principal

Carta de amor

Quero poder dicirche as cousas que a outros non me atrevería, chorar cando esteas triste e arrimar o meu ombro e animarte como poida. Quero que loitemos polo que desexamos ser na vida, afrontar o malo e seguir para diante sen decaer e sempre apoiarnos mutuamente. Quero poder compartir as nosas ideas, soños e aspiracións na vida, poder vivir sen temores e sen decepcións. Quero e desexo poder espertar ao teu lado e poder dicirche o moito que te amo. Jasmin Naya Añón e Gema Morante García. 4 ºA ESO.  

EDDLG principal

Poema de amor. Alba Suárez Bolón. 4º B ESO.

Porque se ti me animabas a recoller rosas, eu enchía as miñas mans de espiñas. porque se ti me animabas a acariciar as agullas, eu picábame con elas. Porque se ti me animabas a atravesar un edificio en chamas, eu queimaba o meu corpo. Pero nin as rosas son como a seda, nin as agullas como prata, nin o lume simula néboa espesa. Porque as mentiras se as contabas ti, a min parecíanme verdade.   Alba Suárez Bolón. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de Amor (Paula Varela 4ºC)

Se te soño é porque te quero, se te necesito é porque te quero, se te penso é porque te quero, se te estraño é porque te quero, quérote porque te quero e quérote porque es ti.   Quérote porque te necesito para respirar, necesito os teus ollos para ver necesito a túa alma para vivir, necesito a tua existencia para sorrir e tamén te necesito para saber amar. Paula Varela. 4º C ESO.

EDDLG principal

Carta de amor a miña nai

Querida mamá: En primeiro lugar, quería darche as grazas por todo o que fas por min e o que fixeches, porque sei que nunca che dou as grazas por nada. Grazas por coidarme e criarme como o fixeches. Grazas pola túa excelencia como nai. Son unha gran persoa, cun corazón enorme coma ti, porque ti fuches a que me ensinou a querer, a coidar os meus, a portarme ben con todo o mundo, a non deixar que unha persoa que sexa mala influencia me magoe a min, a valerme porque, como dis ti, vallo moito, por todo e moito máis. Como cada noite, cando era pequena, levantarte a mirar que me pasaba se choraba, coidarme cando estaba mal, etc.. Moitísimas grazas polo que me compras e por todo o que nos dás a min e ao meu irmán. Grazas por facer o posible para que esteamos ben. Ámote mamá. Arianna Ippolito López.  

EDDLG principal

O Pasado (Lucía Méndez Carracedo 4º ESO C)

Un día coma hoxe namoreime de ti: da túa mirada, do teu sorriso… Pero sei que nunca máis te volverei ver. Lucía Méndez Carracedo. 4º C ESO

EDDLG principal

Non quería ser raíña (Alex Antelo, Sergio Barreiro, Pablo Rodríguez, Jorge Sotelo) (4ºB)

A moza de cabelo louro no parque, tumbada na herba. O mozo achegouse a ela e comezou o faladoiro. Como estás? Canto tempo! Preguntou o mozo, cun sorriso por esbozo e cun mirar contento. Estou ben, respondeu ela, pero era unha fachada. E engadiu a amada: Como nunca o estivera. Mais a dor que ela sentía era equiparable ao erro imperdoable do mozo aquel día. Alex Antelo, Sergio Barreiro, Pablo Rodríguez e Jorge Sotelo. 4º B ESO

EDDLG principal

Edés.

Desperdiciei rosas en ti, deberías pertencer ao pasado, desperdiciei rosas, outro corazón machucado.   No meu cuarto, onde deberías estar, enleada nas miñas sabas, as paredes parecen gritar, non hai dor nestes ollos marróns, pero si un baleiro profundo, achégate, escoita, eras o meu mundo.   Escoita e sente os inexorables 60 segundos, dos cales sobran 58 se ti non estás, e os dous sobrantes, tempo que me sobra de observar, as dúas xemas de augamarina, que ao meu corazón parecen cautivar. Daniel Baltar Almeida. 4º B ESO