EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Á s v e c e s . Natalia Lois, Azahara Díaz, Andrea García e Selly Diallo {4ºB}

Ás veces é mellor caer para aprender e decatarme de que nunca cumprirás as túas promesas. Ás veces penso que ao mellor está de máis quedar a esperar por ti. Natalia Lois, Azahara Díaz, Andrea García e Selli Diallo. 4º B ESO

EDDLG principal

Aquel verán

Porque unha vez víchesme tremar e en vez de taparme quitaches a  roupa e dende  aquela é verán calquera nadal destes.     Pablo Maceiras Añón e  Iván Castro Roel. 4º B ESO.

EDDLG principal

Lúa de sangue (Iris Amado, Federico Durán e Verónica Rodríguez) (4°B)

Como se chama O forte palpitar que sinto? O meu sangue, estremécese; O corazón segue latendo. Estrela estreliña… Sentirá amor o meu namorado? Direiche o meu maior segredo Entre bágoas, esta noite. Noite noitiña miña, Oe o que el non sentiu As miñas veas non aturan un último bico E a mágoa do engano, que El, está sufrindo. Iris Amado, Federico Durán e Verónica Rodríguez. 4º B ESO

EDDLG principal

POEMA DE AMOR

O amor chega e trae felicidade, vaise e deixa soidade. Pero non chores nin teñas rancor, porque sempre haberá un novo poeta buscando o teu amor. Daniel Torres Piñeiro. 4º B ESO.

EDDLG principal

O Amor

                                                              O  amor  mece doce                                                            no regazo  dunha nai                                                                  incondicional, tenro, único                                                           que non cansa  de mecer                                                            O amor  soñador, revolucionario                                                                 compartido entre irmáns;                                                            con  identidade propia …                                                      vive en ti e vive en min                                                      O amor    atado a  [...]

EDDLG principal

Poema de amor. Nerea Pazos, Claudia Veiga e Lucía López. 4º C ESO.

Bicábasme con sabor a fresa tan fermoso como a túa beleza E volvíasme a bicar pero esta vez no teu fogar. E bicáchesme por última vez nesta ocasión con moita sinxeleza. Eran os bicos máis fermosos, pero ti eras un raposo. Nerea Pazos, Claudia Veiga, Lucía López. 4º C ESO  

DSC_0238

O PERGAMIÑO VINDEL

febrero 7, 2018 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

As cidades de Vigo e Pontevedra foron obxecto da nosa visita para coñecer dous museos imprescindibles: o de Pontevedra e o Museo do Mar de Vigo. O obxectivo principal foi coñecer unha xoia das nosas letras: o Pergamiño Vindel, de importancia capital para a  cultura galega, xa que se trata dun manuscrito do s. XIII que nos amosa como era a música das cantigas de amigo. Recolle sete cantigas do trobador Martín Códax, das que seis teñen notación musical. Pocede da Biblioteca Pierpont Morgan de Nova Iork, e estará en Galicia até o mes de marzo. Polo tanto tratábase dunha oportunidade única para coñecelo. O Museo do Mar tamén resultou de interese por atoparse alí obxectos relacionados co mundo marítimo, tan ligado a Galicia ou, por exemplo, o submarino de Sanjurjo Badía ó que fai referencia a escritora Ledicia Costas na súa obra A vida secreta das mulleres planta. Aproveitamos tamén para realizar unha visita guiada polo Museo de Pontevedra, onde o alumnado do IES Manuel Murguía puido achegarse a obras e obxectos de Castelao, Asorey, Lloréns, Soutomaior, Ovido Murguía, petroglifos ou o fantástico tesouro de Caldas de Reis. Aquí vos deixamos algunhas fotos. Agardamos que vos gustara todo e grazas polo voso comportamento!!!

EDDLG principal

POEMAS DE AMOR

febrero 7, 2018 by ACTIVIDADES No Comments

E de súpeto, miráchesme, con eses ollos tan fermosos e cheos de vida, que resplandecían cada vez que te atopabas preto de min, e cando te acercaches, e sentía o teu respirar, preto dos meus beizos, a punto de rozarse , espertei do meu soño…

cupido psique

XA CHEGOU O MES DO AMOR

Febreiro de 2018 xa está aquí! Convidamos ó alumnado do IES Manuel Murguía a subir ó blog de Fala de Raio poemas, cartas ou reflexións sobre o amor,  neste mes de bicos e flores. Para poder facelo debedes estar rexistrados. Se non é así tedes que solicitalo dos seguintes xeitos: -Na pestana Participa ou na pestana Blog, abaixo de todo, debedes picar en Rexístrate. En pouco tempo recibiredes a clave e con ela ides ó blog e picades en Accede ó teu usuario. Agardamos a vosa amorosa contribución!!!