EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0404

CALIGRAMAS E POESÍA DE AMOR DO NOSO ALUMNADO

A rapazada de 4º ESO deléitanos coa súa arte literaria e plástica. Podedes contemplar nos corredores do edificio novo as súas creacións. Agardamos  que vos gusten os caligramas e poemas que fixeron. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

DSC_0325

MARÍA CANOSA ESTIVO NO MURGUÍA

O 13 de abril agasallounos coa súa presenza a escritora María Canosa para falar da súa obra O neno Inverno, un libro que acadou moito éxito entre o alumnado de 1º ESO. Tiveron a oportunidade de charlar coa autora e preguntarlle sobre a novela, o mundo editorial, a súa vida… Agardamos que vos gustara e aproveitamos para agradecerlle de corazón a María Canosa a súa visita e a súa simpatía. Moitas grazas!!!

DSC_0291

VISITAMOS CABANA DE BERGANTIÑOS E PONTECESO.

abril 11, 2018 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O alumnado de 1º Bacharelato tivo a oportunidade de coñecer un dos monumentos megalíticos máis importantes da nosa terra: o Dolmen de Dombate. Tamén se aproveitou a viaxe  para achegarnos ao fermoso Castro de Borneiro e á casa natal do poeta Eduardo Pondal, que neste curso é obxecto de estudo na materia de Lingua Galega e Literatura e que está relacionado vital e literariamente con estes lugares. Aquí tedes algunhas fotos!  

DSC_0268

XAVIER ALCALÁ NO NOSO CENTRO

Hoxe, 4 de abril de 2018, estivo connosco o escritor Xavier Alcalá, que nos deu conta da súa visión deste convulso mundo no que vivimos e ademais falounos da súa vida, obra, e por suposto, de Cárcere Verde, novela que leron os alumnos e alumnas de 4º ESO. Esta visita é froito da colaboración que levamos a cabo ó longo do ano entre os Departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá, Actividades de Biblioteca, Club de Lectura e Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto. Agradecémoslle a súa estancia no IES Manuel Murguía. Agardamos que vos gustara!