EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0163

VISITAMOS SARGADELOS, MUSEO CARLOS MASIDE E PAZO DE MARIÑÁN

mayo 12, 2018 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O pasado venres, 11 de maio, realizamos unha interesante viaxe aos concellos de Sada e Bergondo para visitar unha das fábricas máis emblemáticas de Galicia e que enriqueceron a nosa cultura durante décadas. Falamos de Cerámicas do Castro (Sargadelos), esa grande obra que naceu, na súa última etapa, das privilexiadas mentes de Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo e o arquitecto Andrés Albalat. Estes artistas deron continuidade a unha idea de Antonio Raimundo Ibáñez  (marqués de Sargadelos), que creara a primeira fábrica a comezos do s. XIX,  en Cervo, Lugo. Alí coñecemos o proceso de produción  desta fermosa cerámica e tamén nos convidaron a contemplar os fondos artíticos do museo Carlos Maside, onde o alumnado puido ver orixinais de Castelao, Lugrís, Laxeiro, Souto, Patiño… A continuación achegámonos ao concello de Bergondo para coñecer o pazo de Mariñán por dentro e os seus impoñentes xardíns. Mágoa que o tempo non nos acompañara moito, pero pensamos que a rapazada aproveitou a viaxe para gozar de dous lugares que están tan próximos e que ás veces se descoñecen. Agradecemos a Cerámicas do Castro, á Deputación da Coruña, e aos responsables do pazo de Mariñán, así como aos guías de ambos lugares, que nos fixeron a visita tan interesante. Tamén queremos [...]

DSC_0080

CATRO PREMIOS NO CinEOI DA CORUÑA

Un ano máis o IES Manuel Murguía volve con varios premios do Festival de Curtametraxes CinEOI da Coruña. Novamente os nosos cineastas souberon cativar ao xurado coas súas creacións que van dende o terror, ata a acción trepidante, ou a denuncia social a través de sentidas mensaxes contra a violencia de xénero. Os gañadores foron: 1º Premio: Claudia Veiga Riveiro e Nicolás Calvo Domato, por NIN UN SEGUNDO MÁIS. 2º Premio: Pedro Manuel López Garrido, Rodrigo Rial Martínez, Aness Ennajjai Backchi, Abdelhadi Daanouni, Adrián Martínez García, Iván Costa Vilariño e Darío Souto Pombo; por SKINS. 3º Premio: Yael Martínez Cotelo, Nerea Cotelo Villaverde, Ariadna Díaz Romero e Aitana Carnota Angulo; por HIDE & SEEK. Premio Ben Falado: Soraya Rivas Tomé, Carla Piñeiro Martínez, Carmen Martínez Canedo, Carla Pazos Barbón, Safae Lemsahri Taiz, Andrea Alvedro Canedo; por DOBRE CARA. Queremos tamén agradecer a todos os que participastes coas vosas curtametraxes (enviamos 11 películas ao certame), polo excelente traballo realizado, xa que todas tiñan un alto nivel. Moitas grazas a todos vós e aos responsables do Festival cinEOI da Coruña pola fabulosa organización e o trato recibido!!! Parabéns!!! Da gusto traballar con alumn@s así!!! CURTAMETRAXES:  1º PREMIO: NIN UN SEGUNDO MÁIS. https://youtu.be/GqLtWd73ywc 2º PREMIO: SKINS. https://youtu.be/10QcG0HN_Cc 3º [...]

DSC_0003

ESTÍBALIZ ESPINOSA NO IES MANUEL MURGUÍA.

O 2 de maio tivemos a sorte de que nos visitara a poeta Estíbaliz Espinosa, que no seu currículo xa conta con premios como o Esquío, Espiral Maior, ou recentemente, o premio Afundación. Falamos dunha escritora que conxuga á perfección literatura e ciencia, como o demostra nalgunhas das súas obras:  número e, Zoommm,  ou  Curiosidade; por citar algún título da súa importante produción poética. A conferencia xirou arredor do mundo da ciencia, a astronomía e sobre todo da relevancia de grandes mulleres, aínda hoxe esquecidas, no ámbito científico. O alumnado de 1º Bacharelato puido así achegarse a un mundo onde os números e as letras se conxugan de maneira maxistral, da man desta excelente autora. Moitas grazas, Estíbaliz. Agardamos que vos gustara!