EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0010

CONECTADOS CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

Neste final de curso puidemos levar a cabo unha videoconferencia co Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, onde se imparte a materia de Lingua Galega. Grazas a colaboración coa nosa compañeira, a profesora Begoña González Rei, que é docente nese centro, a rapazada puido gozar dunha amena conversa cos seus compañeiros e compañeiras londinenses, que se expresaban magnificamente na lingua de Rosalía. Tratáronse temas tan dispares como os videoxogos, as cacharelas de San Xoán, ou  o día a día da vida en Londres e Arteixo. Queremos dende Arteixo agradecer a vosa simpatía, especialmente a Begoña, por realizar o excelente traballo que está a desenvolver na capital inglesa. Parabéns a tod@s!!! Vémonos en Arteixo, ou en Londres!  

Teresa Seara no concello Arteixo

O IES MANUEL MURGUÍA DEFENDE A NOSA TOPONIMIA.

junio 11, 2018 by BLOG, CIENCIA, VISITAS No Comments

A rapazada do noso instituto loita por cambiar a toponimia castelanizada da nosa cidade. Proba disto é a visita que fixeron ao concello para buscar apoios na súa campaña para que Google modifique a denominación Arteijo, pola autóctona e oficial, Arteixo. Esta reivindicación é froito dun estudo que está desenvolvendo o alumnado de 2º B ESO, no marco do proxecto: “Superdiversidade lingüística en áreas periurbanas. Análise escalar de procesos sociolingüísticos e desenvolvemento da conciencia metalingüística en aulas multilingües”. Este traballo  estano levando a cabo as investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela, Gabriela Prego Vázquez e Luz Zas Varela, en colaboración coa profesora do noso centro, Teresa Seara e o seu alumnado de 2º B ESO. Trátase du proxecto a través do cal a rapazada analiza a paisaxe lingüística do concello de Arteixo. Cando estaban traballando, decatáronse de que non se estaba empregando a forma correcta nos mapas de Google. Por este motivo, decidiron enviarlle unha carta a esta multinacional solicitando o cambio pola topónimo oficial, Arteixo. Moita sorte coa vosa reivindicación!! Parabéns polo traballo realizado!!

DSC_0007

RECITAL POÉTICO DE PURA TEJELO NO IES MANUEL MURGUÍA.

Hoxe, tivemos o inmenso pracer de que volvera ó noso instituto a profesora e compañeira , Pura Tejelo. A autora de A elegancia do século (obra coa que gañou o Premio Johán Carballeira no ano 2016), fixo as delicias dos presentes no acto cun magnífico recital poético, acompañada de antigos alumnos, e unha excelente análise da obra. Tamén tivo tempo para falar distendidamente coa rapazada sobre poesía e curiosidades relacionadas co mundo literario. Foi un acto moi emotivo e que nos colmou de ledicia. Queremos agradecer aos asistentes ao acto o seu comportamento, e a Pura Tejelo a súa simpatía. Tamén desexamos felicitala pola segunda edición deste magnífico libro. Moitas Grazas!!!