EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0051

O IES MANUEL MURGUÍA DI NON Á VIOLENCIA MACHISTA

O noso instituto quere expresar a súa repulsa a todo acto de violencia machista, polo que durante esta semana queremos homenaxear a todas aquelas mulleres asasinadas, vítimas deste tipo de violencia. Por isto, estamos a realizar lecturas de poemas, proxeccións e actos de concienciación para o alumnado e toda a comunidade educativa, co obxectivo de que esta situación mude. Non permitamos que ningunha muller máis se convirta en vítima! NON Á VIOLENCIA MACHISTA!!  

DSC_0232

CASTELAO MAXISTRAL. A DERRADEIRA LECCIÓN DO MESTRE.

O alumnado do noso instituto achegouse á sempre recomendable cidade compostelá para contemplar esta magnífica obra que Castelao pintou como homenaxe a Alexandre Bóveda, e a todos aqueles que foron asasinados durante a represión franquista. Tratábase dunha oportunidade única, xa que este cadro regresará a Arxentina proximamente. O alumnado tamén tivo a oportunidade de pasear pola cidade e gozar dos seus monumentos e da súa gastronomía. A visita completámola achegándonos ao Museo das Peregrinacións. Queremos agradecer aos guías da Exposición Castelao Maxistral, e do Museo das Peregrinacións, a súa profesionalidade e as magníficas explicacións coas que nos deleitaron. Grazas tamén ao alumnado polo seu exemplar comportamento!