EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0302

MANUEL NÚÑEZ SINGALA VISITA O MURGUÍA.

Esta semana tivemos a oportunidade de contar no noso instituto coa presenza do escritor Manuel Núñez Singala, que nos explicou o proceso de creación da súa última novela, Noite de temporal. Nesta obra cóntasenos o naufraxio real do vapor Santa Isabel, coñecido como o Titanic galego, e a posterior intervención heroica dos habitantes de Sálvora e Ribeira, que arriscaron as súas vidas para tentar rescatar aos náufragos. Esta obra é unha homenaxe a esa xente que non dubidou en botarse ao mar no medio dunha treboada para axudar aos demais. O autor tivo a amabilidade de asinar libros e contestar ás preguntas que lle formulou a rapazada do centro.   Moitas grazas a Manuel Núñez Singala e a Ánxela, a representante da editora Santillana, que fixo posible a súa visita.  

DSC_0275

EXPOSICIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO.

Durante as últimas semanas, nos corredores do segundo andar, o alumnado tivo a oportunidade de traballar cunha magnífica exposición sobre Rosalía de Castro, que nos facilitou, de maneira totalmente desinteresada, a Fundación Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei. A vida, a obra e curiosidades sobre esta excepcional escritora,  estiveron ó alcance de todo o alumnado, persoal docente e non docente do noso instituto. Damos dende aquí as grazas aos empregados da Casa Museo Manuel María, pola súa eficiencia e por resolvernos os problemas de transporte que conleva unha exposición desta magnitude. Grazas tamén ao alumnado por respectar e coidar os paneis durante estes días.