EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Medo, a súa historia. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

enero 31, 2019 by ACTIVIDADES, BLOG No Comments

Medo, a súa historia. Ás veces síntome triste, a xente non me ve tal e como son (ou creo ser) . Estiven na pel de practicamente todo, e aínda non sei quen son. A maioría da xente, ao verme foxe de min e non entendo por que (supoño que será o instinto humano). Chámanme e logo escapan. Nin me imaxino como se sente miña irmá: a Fobia; e meu pai: o Terror. Gustaríame coñecer a miña nai, aínda que ela, desgraciadamente, foise ó ceo durante o meu nacemento. Morte era amigo do meu pai e dixéralle que era probábel que tivera que ir a por ela naquel intre, mais meu pai non o creu, e ocorreu a traxedia. Miña nai, segundo todas as persoas que a coñecían, era unha muller fantástica, chamábase Ledicia, gustáballe escribir e tocar o piano. Eu seguín a súa pista, até que Morte veu por min, entón soltei o bolígrafo… Esta vez para sempre.   Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Poesía do medo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Sombra gris que me acompañas Que me axudas Aínda que me distraias Que non es perfecto Pero es un bo sentimento Que tivemos os nosos máis E os nosos menos Grazas a ti Meu amor non perdín Máis teño medo a perdelo MEDO Ti axúdasme Aínda que nunca pense en ti Axudáchesme a salvarme Aínda que poida resultar frustante Que sempre me acompañes Es o medo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Amor equívoco. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor equívoco. Quixémonos Nin nos decatamos Cando me dei de conta Xa o deixaramos Eu quíxente Síntoo Arrepíntome Pero volveríate a amar Volveríame a equivocar. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO

EDDLG principal

Gramática. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Gramática. O meu profesor de Lingua Intenta que entenda Que en primeira persoa Debo contar a miña historia Mais non entendo Se é miña ou dela. Hugo Herrador 2º A ESO.

EDDLG principal

Amor Puntual. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor Puntual Un día para amarte Un día para escribirte Un día para sentirte Un día para pensar no que che fixen Un día para amarte Un día para non esquecerte. Hoxe quero pulsar no botón de Restart Para volver a empezar Quero sentir Que de te enamorar Estou a piques Aínda que despois me esquezas Quero quererte Quero que me queiras Aínda que sexa Unha vez ó ano. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO

EDDLG principal

POEMA DE AMOR

POEMA DE AMOR PAULA CANCELA BOUZAS 4ºA O NOSO AMOR O noso amor… Non era un amor de amigo, senón unha conexión que non conseguía con ninguén máis pero si, contigo. Un amor que, cando te miraba aos ollos, sabía que eras o único que quería. Porque non hai nada máis fermoso, que pasen os anos, e sigas ao meu lado, como o primeiro día. Algo que tiña a sorte de facerme pensar, como podía chegar a quererte, tanto. Porque cada vez que o pensaba, verte sorrir, era o que máis me namoraba de ti. Non podía esquecer, que ti eras o mellor agasallo que podería ter, sempre Ese era… O noso amor.

DSC_0306

EXPOSICIÓN SOBRE MANUEL MARÍA E O RÍO MIÑO

enero 16, 2019 by ACTIVIDADES, BIBLIOTECA No Comments

Na entrada da biblioteca escolar do IES Manuel Murguía podedes contemplar unha exposición sobre o río Miño e a súa presenza na obra do autor de Outeiro de Rei. Temos que agradecerlle á Fundación Casa-Museo Manuel María que nos cedera os paneis de xeito totalmente desinteresado. Agardamos que vos guste!