EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Sara García Vega e Samuel Bao Oliva. 4º B ESO.

Poema de amor. O teu pelo rozando os meus beizos noutra noite de paixón a túa cabeza inclinada no meu peito as túas palabras cravadas no corazón recordos fugaces inundan a miña mente mentres me abrazas e me bicas na fronte mentres estamos no banco de sempre pero sinto non ser o de sempre poesía son as túas curvas e esos ollos vidrosos poesía son as túas meixelas vermellas e os teus abrazos melosos non quero irme de aquí, así desexo o mellor para ti, feliz San Valentín. Sara García Vega e Samuel Bao Oliva 4º B ESO.

EDDLG principal

Cantiga de amor. Brais Gil. 3º F ESO.

Cantiga de amor Senhor mía, que coita teño eu non podo durmir polo teu amor non podo comer polo teu amor morro de amor. Senhor mía, que coita teño eu por non me poder querer. Senhor mía, que coita teño eu que fermosa ti es entre todas as mulleres que bon parecer ti tes senhor mía, que coita teño eu por non me poder querer.   Brais Gil Lamas. 3º F ESO

EDDLG principal

Contos de nenos

Contos de nenos Pequenas cartas, contos de nenos, din que estamos na idade para deber o ceo. Amor e paixón, historietas de nenos, din os adultos, con divorcios nos petos. En algo estaremos a errar, neste louco proceso de amar, será no último momento en que decidimos madurar. Pois portémonos como nenos, grandes pero pequenos. Lara Boedo Calvete.

EDDLG principal

AMOR ETERNO. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor eterno Hoxe xa non importan As palabras Querémonos E con iso basta. Se o mundo vai explotar Dános completamente igual Porque nos temos E entendémonos. Xa pasou o 14 de febreiro Pero sígote querendo O meu corazón actuou libremente E se decidiu quererte Por algo sería. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Ainara Pérez Caamaño. 3º F ESO.

Poema de amor E ti pregúntasme que é o AMOR? Amor é non pensar máis que nesa persoa Morrer de ganas de estar xuntos Onte, mañá é sempre Rompendo as trabas que atopemos. O mais importante é… Aínda que queiras, sempre quérete máis. Mentres ti esteas ben, farás ben ó teu arredor. O que consigas con amor durará por sempre. Respecta sempre e non permitas que non o fagan contigo. Pero sobre todo….que cada un teña a liberdade de elixir a persoa coa que compartir o viaxe da vida Ainara Pérez Caamaño 3°E

DSC_0007

DÍA DOS NAMORADOS 2019

Como cada ano os vosos compañeiros e compañeiras deléitannos cos seus versos de amor neste Día dos Namorados. Podedes lelos na nosa páxina, na sección Blog, ou nos corredores de entrada á biblioteca, onde os temos recollidos en papel. Agardamos que vos gusten e animámosvos a participar!!

EDDLG principal

CONTRA AMOR. Aida Lema Martelo. 3º A ESO.

CONTRA AMOR Son tantas as cousas que non che dixen, E tantos xestos os que pasei. Tantos olas que lle intentei dar, Tantas despedidas túas que ignorei. Tantos xestos que lle quixen expresar, Tantos que fixeches e rexeitei. Fixen tantas cousas mal… Que cando el se fixou en min, eu fixeime en ti, pero ti xa estabas con outra. Aída Lema, Cartas na neve. 3º A ESO

Poema de amor

febrero 14, 2019 by ACTIVIDADES No Comments
EDDLG principal

Poema de amor. Claudia Doel Malvárez. 4º B ESO.

Poema de amor.   Por moito que non quixen acabei facéndoo, Deixei de quererme e só te quixen a ti. O peor de todo é que foi inconscientemente. Que dor. Pero chega o inverno e ti xa quedaches atrás, e volvemos a eses sentimentos medo, medo a deixar de ser suficiente, medo a que non exista o interese. Medo a perder. Así que poño punto e final á historia Oxalá encontres a unha persoa Que sexa como un paraíso, cheo de felicidade e amor. Conténtome con saber que non encontrarás Un desastre coma min. Así que agora deixando as pantasmas atrás Deixo unha mensaxe para min mesma: Non necesitas a ninguén, Mais que a ti mesmo É difícil, seino Pero o amor propio é o mais importante.   Claudia Doel Malvárez. 4º B ESO.    

EDDLG principal

POEMAS DE AMOR. Pablo Varela Guimarey e Christian Blanco Lago 4ºB ESO

UNHA ROSA VERMELLA    Unha rosa vermella que non se fai vella, un amor de película parecido a dor de clavícula. Ela asemellaba que baixou do ceo sendo unha estrela rodeada de xeo, o meu corazón xa non ten alegría é unha poesía fría. As perlas da súa cara fan que eu teña unha tara non será fácil conquistala é unha muller mala. Pablo Varela Guimarey e Christian Blanco Lago. 4ºB ESO