EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0002

CALIGRAMAS DO ALUMNADO DE LITERATURA GALEGA 4º ESO.

Nos corredores de 3º e 4º ESO podedes contemplar as creacións dos vosos compañeiros sobre as vangardas literarias. Trátabase de facer unha homenaxe a este movemento rompedor que xurdiu a comezos do s. XX, a través de caligramas e colaxes. No mural que expoñemos tedes unha selección dos que máis nos sorprenderon. Agardamos que vos gusten!      

EDDLG principal

Verso Libre. Hugo Herrador Segade. 2º ESO

marzo 21, 2019 by ACTIVIDADES, BLOG No Comments

Verso libre Estrofas… Todas iguais Sempre riman Pero nunca brillan. Sonetos, Cuartetos, Terceros, Liras… E que máis dá? Non debemos ser Estrofas. Debemos desencadearnos Soltarnos Liberarnos E converternos Dunha vez por todas En versos libres   Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

SABES? – Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Poema de amor. Sabes? Estou desexando Volverte a ver. Sabes que non aguantaría Sen verte Máis duns días. Sabes? Eres ledicia Eres luz Na miña vida. E se non sabes isto Dígocho: Quérote. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

QUERO. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Quero un sorriso Quero collerte da man Quero pensar Que te vou namorar Quero que me alegres a vida Quero estar contigo un día Quero lembrarte Que te quero. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.