EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

IMG_5739

YOLANDA CASTAÑO NO IES MANUEL MURGUÍA DE ARTEIXO.

28-11-2019 Dentro das actividades contra a violencia machista que o Equipo de Coeducación vén desenvolvendo ó longo deste curso (en colaboración con outros departamentos, entre os que están: EDL, Biblioteca,…), visitounos a escritora e dinamizadora cultural, Yolanda Castaño. A conferencia tivo lugar no salón de actos do noso instituto e versou sobre a poesía, a muller escritora, a igualdade e tamén serviu para facer un percorrido pola súa biografía literaria, dende os primeiros textos e premios ata a actualidade. Foi un acto de extraordinario interese ó que acudiron alumnos e alumnas de 4º ESO. Estamos seguros de que despois desta conferencia a rapazada do centro reflexionará sobre os temas aquí tratados e terá unha visión crítica do que acontece na sociedade actual. Parabéns a tod@s e un millón de grazas a Yolanda Castaño por visitar o noso instituto e agasallarnos coa súa poesía e a súa sabedoría!

Captura de pantalla (5)

FASE FINAL DO TÍRALLE DA LINGUA

O día 28 de novembro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a fase decisiva do TÍRALLE DA LINGUA. Trátase dun concurso de relatos orais para escolares no que levamos participando varios anos, e incluso en varias edicións fomos galardoados con algún premio. Este ano non puido ser, pero as nosas actrices fixeron un papel moi digno, nun certame que se caracterizou pola alta participación e a calidade dos contos. Queremos agradecer ó alumnado participante, ós compañeiros e compañeiras que os animaron, á organización e ó profesorado que os acompañou a Compostela. O ano que vén volveremos para tentar traer connosco algún premio. Parabéns a tod@s!!!

DSC_0077_01

25 N. O IES MANUEL MURGUÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

noviembre 25, 2019 by ACTIVIDADES No Comments

O colectivo de profesorado, alumnado e persoal non docente do IES MANUEL MURGUÍA  de Arteixo dixo NON á violencia machista ó longo de toda a semana pasada, e culminou os actos este luns, 25 N,  cun partido de fútbol mixto, para defender a igualdade e denunciar a violencia a través dun lema: MACHISMO, FÓRA DE XOGO! Léronse poemas, manifestos, vestímonos con camisetas nas que deixabamos clara a nosa repulsa á violencia machista, e finalizamos cun encontro deportivo, no que rapazas e rapaces marcaron moitos goles ó maltrato. Debemos agradecer ao alumnado o seu excepcional comportamento e compromiso, a todo o profesorado (en especial a Rosana, profe de Plástica, pola magnífica parcarta que nos confeccionou), ó concello de Arteixo por facilitarnos material e o acceso ó Pazo dos Deportes, e sobre todo ao Equipo de Coeducación do noso instituto, que botou a andar este ano, e xa estamos a recoller os primeiros froitos. Grazas a tod@s!!! MACHISMO, FÓRA DE XOGO!!!  

DSC_0108

TÍRALLE DA LINGUA. PREMIOS FASE PREVIA.

14 – 11 -2019 A semana pasada tivo lugar no salón de actos do Murguía a fase previa do concurso de relatos orais, TÍRALLE DA LINGUA, no que houbo un nivel altísimo nos competidores  e competidoras, ós que felicitamos polas súas soberbias actuacións. Foi moi complicado elixir os gañadores deste ano, que nos representarán ademais na fase final a celebrar proximamente en Santiago de Compostela. Despois dunha dura deliberación o xurado elixiu como vencedora a Laura Canedo (3º E ESO); e como segundas clasificadas a Carolina Castro (1º B ESO) e Julia Meléndez (1º H ESO). Parabéns ás vencedoras e tamén a tod@s @s participantes, que nos deleitaron cos seus fermosos relatos orais!!! Moita sorte para a fase final de Santiago!!!    

CSC_0083

MEDO ME DÁS! ENTREGA DE PREMIOS.

O venres, 8 de novembro, celebramos no salón de actos do instituto a fase previa do concurso de relatos orais Tiralle da Lingua. Feito que aproveitamos para facer entrega do premio MEDO ME DÁS!  a Álvaro Fuentes Campaña, alumno de 2º ESO G , que foi o vencedor coa obra Unha fría noite de inverno. Trátase dun excelente texto de terror situado no medievo, perfectamente documentado, e que foi elixido por unanimidade, polo xurado do certame, como o mellor dos presentados. Temos que dicir que o nivel foi moi alto, de xeito que felicitamos tamén a todos e todas as participantes polos seus magníficos relatos. Convidámosvos a que sigades participando nos vindeiros certames, dos que vos iremos informando proximamente. Parabéns a Álvaro e tod@s @s participantes!!

DSC_0341

O ALUMNADO DE 4º ESO NA RAG / CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN.

noviembre 4, 2019 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

4-11-2019 No IES Manuel Murguía de Arteixo temos por costume achegarnos cada ano á cidade vella da Coruña, para facer unha visita obrigada á RAG e á Casa Museo Emilia Pardo Bazán, dous lugares imprescindibles que queremos que todo estudante do noso centro teña a oportunidade de coñecer. Ademais, sempre aproveitamos para percorrer as históricas rúas da cidade Herculina e ensinarlles inmobles e lugares de interese, que ás veces pasan desapercibidos ó viandante e que serven de mostra da enorme riqueza cultural que agocha esta cidade. Falamos de enclaves como o monumento a Curros, a antiga sede da revista Alfar e da editorial Nós, a casa onde viviu e morreu Manuel Murguía e a súa filla Gala, o lugar onde expuxo as súas primeiras obras Picasso, as Irmandades da Fala, o lugar onde morreu Sir John Moore e tamén o monumento homenaxe a este persoeiro, as casas onde viviron Rosalía de Castro, Juana de Vega e Francisca Herrera… O tempo, como é costume, non acompañou, pero pensamos que a saída pagou a pena. Queremos tamén agradecer o comportamento excepcional do alumnado e a profesionalidade do persoal da RAG/Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Agardamos a saída fóra de proveito!