EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0061

EXPOSICIÓN “GALICIA, UN RELATO NO MUNDO” E MUSEO DO POBO GALEGO

enero 28, 2020 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

28-01-2020 e 11-02-2020. Estes últimas semanas viaxamos ata  Santiago de Compostela, con alumnado de 1º Bacharelato e 3º ESO, para visitar a excepcional exposición Galicia, un relato no mundo. Alí  puidemos ver impresionantes mostras da cultura universal, que dun ou doutro xeito teñen relación coa nosa terra. Entre as pezas que contemplamos estaban: Santa de Asorey, o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, o Libro das Invasións, o Intinerario de Exeria, o  Mapa Sawley, dous Codex Calixtinus iluminados, ou a fantástica Biblia Kennicott. Trátase dunha exposición magnífica, que se pode visitar incluso en varios días para tirarlle un maior aproveitamento. Previamente achegámonos ó Museo do Pobo Galego e ó Panteón de Galegos Ilustres. Nestes lugares puidemos renderlles homenaxe a figuras alí soterradas como Castelao, Rosalía de Castro, Asorey, Ramón Cabanillas, Alfredo Brañas, ou Domingo Fontán. Pensamos que foi unha viaxe moi ben aproveitada e agardamos que ó alumnado lle sirva para coñecer e aprezar, aínda máis, a nosa cultura. Parabéns a toda a rapazada polo excepcional comportamento ó longo de toda a xornada!!

DSC_0049

CONTACONTOS GALEO/INGLÉS CON CHARO PITA E PATRICIA MACGILL

O martes, 21 de xaneiro, alumnado de 1º, 2º ESO, e rapazada do club de lectura tiveron a sorte de asistir a unha sesión de relatos orais en galego e inglés, a cargo das actrices Charo Pita e Patricia McGill. Os contos, procedentes de diferentes culturas e países, serviron para achegarnos a diversas maneiras de entender o mundo e tamén para comprender que as cuestións que nos preocupan, en realidade, son as mesmas. Grazas a Charo Pita e Patricia McGill, e parabéns polo seu comportamento, unha vez máis, ao alumnado do Murguía.