EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

IMG-20200306-WA0002

A MULLER Ó PODER NESTA SEMANA DO 8 DE MARZO.

marzo 6, 2020 by ACTIVIDADES No Comments

Un grupo de sufraxistas reivindicou o dereito a voto no IES Manuel Murguía de Arteixo. Tratouse dun acto simbólico para lembrar un dos acontecementos máis importantes ó longo da historia do feminismo. O profesorado implicouse de maneira exemplar nesta representación que nos levou atrás non tempo, e que nos fai pensar no longo camiño que se leva andado e no moito que queda por andar. PARABÉNS PARA ESTA FERMOSA INICIATIVA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE DO MURGUÍA!! ÁNIMO E FORZA, COMPAÑEIRAS!!        

DSC_0024

ANDREA MACEIRAS NO MURGUÍA.

marzo 4, 2020 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

04-04-2020 Este ano volvemos contar coa presenza da escritora Andrea Maceiras, quen nos agasallou cunha dobre sesión de conferencias: unha primeira no salón de actos do noso instituto para falar de O QUE SEI DO SILENCIO, con alumnado de 4º ESO; e unha segunda no centro cívico de Arteixo, sobre EUROPA EXPRESS, para alumnado de 3º ESO. As dúas foron moi entretidas e a rapazada puido conversar con ela e preguntarlle sobre ambas obras e sobre o mundo da edición e da escritura profesional. Queremos agradecer a Andrea Maceiras a súa profesionalidade e simpatía; á editorial Xerais que nos facilitara a súa presenza; e ó Departamento de Cultura do Concello de Arteixo a cesión do centro cívico para acoller a gran cantidade de alumnado que acudiu ás conferencias. Parabéns!!      

DSC_0061

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE VERSOS DE ROSALÍA DE CASTRO.

marzo 4, 2020 by ACTIVIDADES No Comments

03-03-2020 Este ano decidimos facer unha homenaxe a Rosalía de Castro, co gallo do seu aniversario, cunha exposición fotográfica sobre versos da autora que promoveu tamén a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). O alumnado realizou unhas magníficas instantáneas e debuxos que nos serviron para complementar outros traballos que asemade realizaron dende a biblioteca escolar. Podedes contemplar ambas exposicións nos corredores de biblioteca e da cafetaría.