
25 N. O IES MANUEL MURGUÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
O colectivo de profesorado, alumnado e persoal non docente do IES MANUEL MURGUÍA de Arteixo dixo NON á violencia machista ó longo de toda a semana pasada, e culminou os actos este luns, 25 N, cun partido de fútbol mixto, para defender a igualdade e denunciar a violencia a través dun lema: MACHISMO, FÓRA DE XOGO!
Léronse poemas, manifestos, vestímonos con camisetas nas que deixabamos clara a nosa repulsa á violencia machista, e finalizamos cun encontro deportivo, no que rapazas e rapaces marcaron moitos goles ó maltrato.
Debemos agradecer ao alumnado o seu excepcional comportamento e compromiso, a todo o profesorado (en especial a Rosana, profe de Plástica, pola magnífica parcarta que nos confeccionou), ó concello de Arteixo por facilitarnos material e o acceso ó Pazo dos Deportes, e sobre todo ao Equipo de Coeducación do noso instituto, que botou a andar este ano, e xa estamos a recoller os primeiros froitos.
Grazas a tod@s!!!
MACHISMO, FÓRA DE XOGO!!!