EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

2º Premio Tíralle da lingua 2016

Parabéns unha vez máis aos nosos xa citados Nicole e Noelia, finalistas, e Pablo e Nico, finalmente gañadores do segundo premio, na súa categoría , nesta décimo sexta edición do certame Tíralle da Lingua. Parabéns tamén a todos os que participastes e compartistes a emoción de subir ao escenario e gozar das actuacións que hoxe podemos ofrecervos en Fala de raio: Antía Canedo, Susana Rodrígez, Emma Vázquez, María Cedeira, Yao Gómez e Noelia Cedeira. Grazas polas vosas actuacións e entusiasmo !!!
Aquí tedes a estes dous artistazos en plena actuación no Teatro Principal de Compostela.