EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

producions fala de raio

Producións Fala de raio, finalista no Ouff Escola

As curtametraxes realizadas o curso pasado polos alumnos de 1º Bac do IES Manuel Murguía coa súa promotora Producións Fala de raio son finalistas do “OUFF ESCOLA”, o certame escolar do Festival Internacional de Cine de Ourense.

O día 19 de novembro é a gala de entrega de premios. Nela coñeceranse os gañadores desta edición, na que participan 76 películas realizadas por estudantes de institutos de toda Galicia.

Os traballos foron valorados por un xurado composto por César Silva, director de programación do OUFF, Carlos Montero Álvarez, fotógrafo e crítico de cine, Paz Villar, coordinadora do proxecto Cine e Saúde, Manoli Maseda, coordinadora provincial das equipas de normalización e dinamización Lingüística e Gregorio Ferreiro Fente, representante de Secretaría Xeral de política Lingüística.

O OUFF Escola entregará un primeiro premio de 600 euros, un segundo premio de 400 euros, e o Premio Blanco Amor ao Mellor Guión, dotado con 300 euros.