EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A casa do Bosque

Hai uns anos, unha rapaza chamada Carme quitouse a vida. Ela atopábase na súa habitación e tiña certos problema. No fogar  no que vivía cos seus pais atopábase no medio dun bosque. Co paso do tempo os pais morreron, entón a casa púxose á venda.

Ata o día de hoxe ningúen a quería, porque a xente que vivía na vila máis cercana non se atrevía a comprala, xa que se dicía que na casa seguía a alma da rapaza, nin tan sequera ían andar por aqueles camiños que están ao lado.

Un día un veciño que pasaba por alí, fixouse que xa non tiña o letreiro da venda. Compráraa un matrimonio cun fillo. Eles non sabían nada do da rapaza. Comezáronse a instalar, o rapaz, Nico, escolleu a súa habitación e xusto era na que Carme suicidara.

Cando o rapaz comezou as clases no instituto, algúns compañeiros preguntábanlle:

-En que casa vives?

-Eu vivo na casa que se atopa no bosque- dixo Nico.

Todos os rapaces quedaron con cara de asombrados.

-Pero ti sabes o desa casa?-díxolle un compañeiro.

-Non, e logo que ten?

-Nesa casa dise que se atopa a alma da rapaza que se quitou a vida xa fai uns anos.

Nico quedou ficado, pero logo dun anaco pensou: “Isto que me contaron é só unha broma, xa que son o novo e queren poñerme medo no corpo”.

Xa pasaron uns meses da mudanza e estaban de vacacións. Entón os pais decidiron facer unha merenda para algúns veciños, pero claro ninguén ía; o que fixeron foi invitar a eses veciños a algo no bar da vila. O rapaz en vez de ir, foi dar un paseo con algúns amigos, Xoán, Xosé e Raúl. E nun momento atopáronse cun grupo de xente maior, que lles preguntaban aos amigos de Nico, quen era el.

-El é o fillo dos que se mudaron á casa do bosque – dixo Xoán.

Os señores non o creron.

-Pero todo o mundo sabe que nesa casa non vive ninguén – dixo un señor.

Ao dicir iso Nico quedou pensando.

O chegar a noite, na casa do bosque oíanse uns ruídos. O pai, Antonio, pensou que sería a súa muller, María, ou o seu fillo e non lle deu impotancia.

Horas máis tarde xa se atopaban todos na cama, pero o rapaz seguía pensando no que lle dixera o señor. E de repente… escoitou unha voz dunha muller. Pensou que era María e non lle fixo caso. Isto comezouse a repetir todas as noites pero só durante o mes de Decembro. Nico empezou  a indagar máis sobre o de Carme, e atopou que ela se suicidara o 28 de decembro, hai uns anos. Dende ese día o rapaz non durmiu moi ben, e resulta que dentro dunha semana facía cinco anos da súa morte. Cada día que ía pasando, polas noites oíase máis a Carme. O rapaz era o único da casa que o escoitaba.

Chegou o 28 de Decembro, el pensou que ía pasar o de todas as noites pero non, foi moi diferente. Nico foi para o seu cuarto, e ás 23:05 apareceulle Carme

-Este é a miña habitación, ti non podes estar aquí.

-Pe… pe… pero agora vivimos aquí- dixo o rapaz tatexando.

-Dáme igual, é o meu cuarto!!!

-Carme, por favor non me fagas nada.

-Pero ti cres que che vai pasar algo?

-Non o sei,pero levas dende que empezou o mes con cousas raras polas noites, ou minto?

-Non mentes, pero sabes por que o fago?

-Por que?

-Para avisarvos de que marchásedes, pero aínda seguides aquí. Hoxe fago 5 anos que me quitei a vida.

-Seino- dixo el, todo branco.

-Eu non puiden gozar da miña vida, todo era un desastre. Na miña casa, no instiuto… en todos os lugares. E foi un día que estaba ben decidida a suicidarme. Por culpa de xente coma ti quiteime a vida.

-Coma min?

-Si, ti non tiveches ningún problema cando chegaches e agora tes moitos amigos, pero a min desprezábanme por ser “rara”.

-Non o sabía.

-Dáme igual, tiveches que facer caso cando te advertiron desta casa. Agora vaste arepentir.

-Que vas facer?

-Ti queres que marche?- dixo ela.

-Si, por favor.

-Vale, pero para que marche teño que levar unha vida comigo.

-E que vida ten que ser?

-A… TÚA.

-Por que a miña?

-Ti atópase na miña habitación, e foi aquí onde pasou todo.

Ao día seguinte non se sabia nada do rapaz, os pais atoparon unha nota que dicía:” Marchade da casa e mandade derruíla. Un bico, o voso fillo”. Antonio e María fixérono, e marcharon daquela vila para sempre.

Agora cada cinco anos, dise que aparecen Carme e Nico e se algunha persoa está por alí ás 23:05 lévano consigo.