EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A Visita

Don Xulio volvía a casa despois de facer a compra. Cargaba en bolsas os suministros mínimos para sobrevivir, xa que as súas dores de espalda crónicas e a ausencia de ascensor no seu edificio facían imposible a viaxe se levaba máis peso. Entrou no portal e mirou se tiña correo. Efectivamente, había unha carta dun amigo seu de Madrid, co que estaba xogando unha partida de xadrez por correspondencia. Entre a morte da súa muller e a xubilación quedoulle moito tempo libre. Meteu a carta nunha das bolsas e subiu polas escaleiras con moito esforzo pese a estar acostumado. Cando chegou á súa porta deixou as bolsas no chan e colleu as chaves do peto da súa chaqueta. Entón abriuna, meteu as bolsas e pechou con el dentro do piso. Foi directo á cociña para gardar a compra.

Logo de rematar a tarefa doméstica, foi ate o salón para ver as noticias do mediodía. Para a súa sorpresa, atopou a unha rapaza sentada no sofá. Resultáballe moi familiar o seu rostro. Decatárase ao instante da identidade dela, pero pola súa saúde mental esperaba equivocarse.

  • Ola Xulio!- dixo a rapaza.

Don Xulio quedara sen fala. Tiña que ser unha alucinación ou un soño o que estaba a acontecer, pois non atopaba outra explicación.

  • Canto tempo, non? Estás moi cambiado, irmanciño- apreciou.

  • Quen es? -Preguntou Xulio aterrado.

  • Que bromista! Como non te vas lembrar de min? Son a túa irmá pequena- dixo riseira.

  • Elisa?- dixo Xulio, que non daba creto ao que estaba a pasar.

  • Claro, home! Escoita, necesito con urxencia ir ao baño, pero despois seguimos falando, vale?

Xulio asentiu, posto que non era capaz de articular palabra.

  • Onde está o cuarto de baño?- preguntoulle Elisa enerxicamente.

Xulio sinalou a dirección que tiña que seguir, e súa irmá foi cara alí. Definitivamente non era un soño. Era demasiado real. Pero, unha alucinación? Ao mellor os anos comezaban a pasarlle factura. Despois de todo, non había outro razoamento lóxico que explicase a presenza de Elisa no seu piso. Súa irmá falecera había corenta anos.

guardar-bolsas-de-plastico-870x400_c