EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

AMOR ETERNO. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor eterno

Hoxe xa non importan
As palabras
Querémonos
E con iso basta.

Se o mundo vai explotar
Dános completamente igual
Porque nos temos
E entendémonos.

Xa pasou o 14 de febreiro
Pero sígote querendo

O meu corazón
actuou libremente
E se decidiu quererte
Por algo sería.

Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.