EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Amor Silencioso

Véxote cada día co teu grupo de amigos. Engaiólame a túa mirada, encántame a túa personalidade e namórame a túa risa. Unicamente quero estar contigo para abrazarte e sentirte sempre ó meu lado. Non sei como dicircho, pero quérote. Cando ti te ris eu  ríome, cando choras, choro, cando estas triste, estou triste. Cando te vexo, noto no peito un tremor, noto como se me faltase o aire.Cando me falas póñome nervioso, ruborízome, nin eu mesmo sei como son capaz de falar. Se ti desapareces, parte do meu corazón desaparecería.

Con estas miñas frases quero dicirche que te quero, que quero estar ao teu carón e que non son capaz de aguantar a angustia de non ter comigo a túa presenza. Quero que se xunten as nosas miradas e se convirtan nunha. Quero compartir contigo os meus sentimentos. Quero que sexas un dos piares da miña vida.