EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0005

ANDREA MACEIRAS CONVERSA COS RAPACES E RAPAZAS DO IES MANUEL MURGUÍA

Hoxe, 21 de febreiro de 2017  tivemos o pracer de contar coa presenza da escritora Andrea Maceiras, que dialogou co alumnado do noso instituto e analizaron en profundidade a novela Europa Express, da Editorial Xerais (Premio Jules Verne 2015). Ademais fixo referencia a outras obras anteriores e contounos curiosidades do mundo da escritura profesional. Finalmente asinou exemplares dos seus libros e agasallounos coa súa simpatía.

 

Moitas grazas, Andrea!

DSC_0017