EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0024

ANDREA MACEIRAS NO MURGUÍA.

marzo 4, 2020 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

04-04-2020

Este ano volvemos contar coa presenza da escritora Andrea Maceiras, quen nos agasallou cunha dobre sesión de conferencias: unha primeira no salón de actos do noso instituto para falar de O QUE SEI DO SILENCIO, con alumnado de 4º ESO; e unha segunda no centro cívico de Arteixo, sobre EUROPA EXPRESS, para alumnado de 3º ESO.

As dúas foron moi entretidas e a rapazada puido conversar con ela e preguntarlle sobre ambas obras e sobre o mundo da edición e da escritura profesional.

Queremos agradecer a Andrea Maceiras a súa profesionalidade e simpatía; á editorial Xerais que nos facilitara a súa presenza; e ó Departamento de Cultura do Concello de Arteixo a cesión do centro cívico para acoller a gran cantidade de alumnado que acudiu ás conferencias.

Parabéns!!

 

DSC_0001 DSC_0005 DSC_0011 DSC_0020 DSC_0024 DSC_0031 DSC_0033 DSC_0038