EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Anik Nandi

ANIK NANDI VISITARÁ O IES MANUEL MURGUÍA.

enero 18, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Anik Nandi estará connosco no mes de febreiro. Trátase dun sociolingüista bengalí que naceu en Burdwan, India, en 1981. É licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Burdwan, e que na actualidade está desenvolvendo a súa tese de doutoramento en linguas e estudos interculturais na Heriot-Watt University (Edimburgo). Ademais é investigador en formación no proxecto da Unión Europea New Speakers in a Muntilingual Europe sobre os neofalantes de galego. Tamén e investigador asociado no Equipo de Sociolingüística do Instituto da Lingua Galega (USC) e colaborador na Cátedra UNESCO de Patrimonio Lingüístico Mundial da Universidade do País Vasco. Colabora ó mesmo tempo en diversas revistas culturais como Atlantis, Grial ou Papeles de la India.

O obxecto da súa presenza no noso centro é o de falar sobre a situación de linguas minoritarias e minorizadas como o galego ou o bengalí, e a súa transmisión interxeracional.