EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

ASÍ É O AMOR

Todas as veces que te vexo, párase o tempo e con el os latexos do corazón , nese segundo só existimos ti e eu, nós, sós, os dous…
Igual que nos meus soños, pena que só sexan iso e ao espertar darme conta de que todo iso non é a realidade. E as miñas ilusión vanse, desaparecen como as gotas de chuvia que escorregan nun cristal, neses días grises e escuros, nubrados pola miña tristeza é cando a realidade volve a min.

Un día, 24 horas, 12 que paso pensando en ti , 12 soñando neses soños nos que ti apareces.
Coa túa risa fasme feliz, non sabes canto. Felicidade que contrasta coa miña tristeza, xa que ao meu lado faltas ti, desexaría que estiveras compartindo os teus sorrisos comigo.
Nós, sós, os dous…sería unha alegría para a miña vida nubrada, uns raios de sol que farían o meu soño feito realidade.
Soñando sigo, ata cando non durmo. Nós, sos, os dous xuntos
Pero volta a empezar, día escuro, vida nubrada. A realidade vén a min.

 

Lucía García Iglesias

Uxía Verdía Pereiro

Marisol Rama Mosquera

4º E ESO