EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. Alba Suárez Bolón. 4º B ESO.

Porque se ti me animabas a recoller rosas, eu enchía as miñas mans de espiñas. porque se ti me animabas a acariciar as agullas, eu picábame con elas. Porque se ti me animabas a atravesar un edificio en chamas, eu queimaba o meu corpo. Pero nin as rosas son como a seda, nin as agullas como prata, nin o lume simula néboa espesa. Porque as mentiras se as contabas ti, a min parecíanme verdade.   Alba Suárez Bolón. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. Nerea Pazos, Claudia Veiga e Lucía López. 4º C ESO.

Bicábasme con sabor a fresa tan fermoso como a túa beleza E volvíasme a bicar pero esta vez no teu fogar. E bicáchesme por última vez nesta ocasión con moita sinxeleza. Eran os bicos máis fermosos, pero ti eras un raposo. Nerea Pazos, Claudia Veiga, Lucía López. 4º C ESO  

DSC_0238

O PERGAMIÑO VINDEL

febrero 7, 2018 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

As cidades de Vigo e Pontevedra foron obxecto da nosa visita para coñecer dous museos imprescindibles: o de Pontevedra e o Museo do Mar de Vigo. O obxectivo principal foi coñecer unha xoia das nosas letras: o Pergamiño Vindel, de importancia capital para a  cultura galega, xa que se trata dun manuscrito do s. XIII que nos amosa como era a música das cantigas de amigo. Recolle sete cantigas do trobador Martín Códax, das que seis teñen notación musical. Pocede da Biblioteca Pierpont Morgan de Nova Iork, e estará en Galicia até o mes de marzo. Polo tanto tratábase dunha oportunidade única para coñecelo. O Museo do Mar tamén resultou de interese por atoparse alí obxectos relacionados co mundo marítimo, tan ligado a Galicia ou, por exemplo, o submarino de Sanjurjo Badía ó que fai referencia a escritora Ledicia Costas na súa obra A vida secreta das mulleres planta. Aproveitamos tamén para realizar unha visita guiada polo Museo de Pontevedra, onde o alumnado do IES Manuel Murguía puido achegarse a obras e obxectos de Castelao, Asorey, Lloréns, Soutomaior, Ovido Murguía, petroglifos ou o fantástico tesouro de Caldas de Reis. Aquí vos deixamos algunhas fotos. Agardamos que vos gustara todo e grazas polo voso comportamento!!!

cupido psique

XA CHEGOU O MES DO AMOR

Febreiro de 2018 xa está aquí! Convidamos ó alumnado do IES Manuel Murguía a subir ó blog de Fala de Raio poemas, cartas ou reflexións sobre o amor,  neste mes de bicos e flores. Para poder facelo debedes estar rexistrados. Se non é así tedes que solicitalo dos seguintes xeitos: -Na pestana Participa ou na pestana Blog, abaixo de todo, debedes picar en Rexístrate. En pouco tempo recibiredes a clave e con ela ides ó blog e picades en Accede ó teu usuario. Agardamos a vosa amorosa contribución!!!  

DSC_0110

LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO NO IES MANUEL MURGUÍA.

O mércores 24 de xaneiro estiveron connosco o dúo AldaoLado para dar a coñecer ó noso alumnado a súa fermosa poesía por medio dunha actuación chea de humor, música e creatividade. A rapazada do Manuel Murguía puido decatarse de que a poesía pode ser un produto accesible e divertido, algo que tanto Lucía como María deixaron moi claro cunha actuación que nos fixo rir e emocionarnos. Agradecemos dende o Equipo de Dinamización Lingüística, Club de Lectura e Departamento de Actividades de Biblioteca, o comportamento exemplar do rapaces e rapazas, e por suposto, tamén damos as grazas ás poetas polo traballo ben feito, desexando que volvan por Arteixo moi pronto. Queremos agradecer tamén ó concello de Arteixo a cesión do Centro Cívico para este recital. Agardamos que vos gustara!!!

DSC_0076

GAÑADORAS DO CERTAME “MEDO ME DÁS!”

O día 4 de decembro tivo lugar na biblioteca do centro  a entrega de premios ás gañadoras do certame de relatos de terror Medo me dás! 1º Premio: Lucía Méndez Carracedo, de 4º C  ESO. 2º Premio: Estela Varela Souto, de 1º E  ESO . Parabéns para as dúas!!

EDDLG principal

Unha noite para recordar (Estela Varela Souto, 1º E ESO). Certame Medo me dás!!!

Fai moito, moito tempo, una rapaza chamada Amadora, tíñalle moito medo ao Samaín. Ía ao colexio Sacho Sanguento, onde había un carreiro de casas adornadas que daban saída ao colexio. As casas tiñan todo o que tiñan que ter: cabazas, teas de araña, cascudas, corazóns, brazos, pernas, esqueletos, pantasmas, vampiros, morcegos, caveiras, gatos negros, ollos, dedos, momias, zombis, monstros, bruxas, demos, lápidas, etc. Amadora tíñalles moito pánico a esas cousas de medo, porque non lle gustaba o Samaín, polo que ao pasar por diante das casas custoulle un montón. Tiña que pasar por alí, si ou si. A pequeña choraba e corría. Amadora, tiña tres irmáns aos que lles encantaba o Samaín. Amadora era a máis pequeña dos catro, e a única nena da súa familia, é que nin primas tiña, só primos, que triste! Cando chegou ao colexio Sacho Sanguento, de súpeto deixou de chorar e deulle una aperta tan, tan, tan grande á profesora, que a apertou tanto, tanto, que lle saíu o corazón voando cara á parede. Amadora choraba e berraba até pasados uns minutos que se deu conta de que a señorita Mary levantou do chan rindo a gargalladas coma una tola. Ela díxolle á pobre rapaciña que [...]

DSC_0004

ROTEIRO POLA CORUÑA, VISITA RAG E MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN.

noviembre 9, 2017 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O alumnado de 4º ESO  realizou un roteiro pola Coruña, organizado polo EDL, Departamento de Lingua Galega, e Departamento de  Lingua Castelá. Visitáronse, entre outros lugares: Real Academia Galega, Casa Museo Emilia Pardo Bazán, xardíns de San Carlos e Méndez Núñez, monumento a Curros Enríquez, casas nas que viviron Rosalía de Castro, Manuel Murguía, sede da Editorial Nós, revista Alfar, Irmandades da Fala… Agardamos que fora una visita de proveito para a vosa formación escolar e cultural. Grazas polo voso comportamento! Aquí van algunhas fotos.    

DSC_0038

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NOVEMBRO 2017

noviembre 7, 2017 by CIENCIA No Comments

Xa dispoñedes dos carteis sobre Darwin que nos enviaron dende Igaciencia para que poidades traballar con eles. Atópanse en fronte da Biblioteca. Agardamos que vos gusten.

DSC_0006

LIBRO COS VOSOS POEMAS, ELABORADO POLA PROFESORA ROSA MOSQUERA COTO.

noviembre 3, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

A profesora Rosa Mosquera Coto realizou este magnífico libro cos vosos poemas e reflexións que escribistes o ano pasado, co gallo do Dia dos Namorados. Debemos agradecervos a todos vós, e especialmente a ela, o excelente traballo levado a cabo. Non podemos esquecer tampouco a participación do Departamento de Actividades de Biblioteca, que colaborou estreitamente co EDL do instituto, e o froito é esta obra de arte que nun futuro próximo teredes á vosa disposición na biblioteca. Aquí van unhas fotos. Agardamos que vos gusten.