EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0007

DÍA DOS NAMORADOS 2019

Como cada ano os vosos compañeiros e compañeiras deléitannos cos seus versos de amor neste Día dos Namorados. Podedes lelos na nosa páxina, na sección Blog, ou nos corredores de entrada á biblioteca, onde os temos recollidos en papel. Agardamos que vos gusten e animámosvos a participar!!

EDDLG principal

CONTRA AMOR. Aida Lema Martelo. 3º A ESO.

CONTRA AMOR Son tantas as cousas que non che dixen, E tantos xestos os que pasei. Tantos olas que lle intentei dar, Tantas despedidas túas que ignorei. Tantos xestos que lle quixen expresar, Tantos que fixeches e rexeitei. Fixen tantas cousas mal… Que cando el se fixou en min, eu fixeime en ti, pero ti xa estabas con outra. Aída Lema, Cartas na neve. 3º A ESO

Poema de amor

febrero 14, 2019 by ACTIVIDADES No Comments
EDDLG principal

Poema de amor. Claudia Doel Malvárez. 4º B ESO.

Poema de amor.   Por moito que non quixen acabei facéndoo, Deixei de quererme e só te quixen a ti. O peor de todo é que foi inconscientemente. Que dor. Pero chega o inverno e ti xa quedaches atrás, e volvemos a eses sentimentos medo, medo a deixar de ser suficiente, medo a que non exista o interese. Medo a perder. Así que poño punto e final á historia Oxalá encontres a unha persoa Que sexa como un paraíso, cheo de felicidade e amor. Conténtome con saber que non encontrarás Un desastre coma min. Así que agora deixando as pantasmas atrás Deixo unha mensaxe para min mesma: Non necesitas a ninguén, Mais que a ti mesmo É difícil, seino Pero o amor propio é o mais importante.   Claudia Doel Malvárez. 4º B ESO.    

EDDLG principal

POEMAS DE AMOR. Pablo Varela Guimarey e Christian Blanco Lago 4ºB ESO

UNHA ROSA VERMELLA    Unha rosa vermella que non se fai vella, un amor de película parecido a dor de clavícula. Ela asemellaba que baixou do ceo sendo unha estrela rodeada de xeo, o meu corazón xa non ten alegría é unha poesía fría. As perlas da súa cara fan que eu teña unha tara non será fácil conquistala é unha muller mala. Pablo Varela Guimarey e Christian Blanco Lago. 4ºB ESO

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Jacobo Amado Calvo e Yago Calvete Bujía. 4ºB ESO.

“AGARIMO” Somos, a luz ao final da escuridade, a ledicia, despois da dor. Senlleiros, sentindo unha profunda saudade, cunha bágoa e un simple bico conmovedor. Somos, dúas ánimas bailando co vento, dous corazóns, esperando o amencer. Brétemas, devorando o quérote dun último alento, treboadas, esquecendo deixar as flores crecer. Jacobo Amado Calvo e Yago Calvete Bujía. 4º B ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Adrián Baliña Blanco, Inés Senra Rodríguez e Noa Souza Souto. 4ºC ESO

Ámote por sempre, vermella Toda a noite durmín contigo fíxenche dano, alma miña? O meu corazón que ten espiñas tes que abrir porta a porta pouco a pouco, paseniño paseniño. Buscas traballo de 3 quendas xa que ninguén ve a túa coroa de cristal porque ninguén mira ben. Ti anímasme a recoller rosas aínda que non perdiches o amor que che quixen quitar. Eu ámote por sempre, vermella. Adrián Baliña Blanco, Inés Senra Rodríguez e Noa Souza Souto. 4ºC ESO

EDDLG principal

Poema de amor. Carla Blanco García. 4º B ESO.

Poema de amor   Dúas mans entrelazadas dous corpos agarimosos. Verbas murmurantes beizos unidos nunha mesma loucura. O tempo que non conta, as horas que non pasan e as mans entrelazadas. Todo na vida é de cores, todo soa a música o corazón que palpita e as mans entrelazadas. Nada pasa ao seu arredor, o mundo é felicidade. Todo se pode conseguir e coas mans entrelazadas só están eles dous. Un sen o outro non son nada. Os dous son un só por iso sempre levan as mans entrelazadas.   Carla Blanco García. 4º B ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Fátima Zahra Ghadbane e Alexandra Rodríguez Hafdi 4ºB.

Poema de amor Pode que non me coñezas, pero vinte, vinte e puiden admirar o teu falar, o teu mirar e o teu camiñar. As persoas adoitan dicir que o amor a primeira vista non existe, pero eu penso que é algo inevitábel. É como nacer, nós non eliximos nacer, nin tampouco aos nosos pais e a nosa vida, non obstante estamos aquí: limitámonos a existir. Sinto que caio ao abismo, ao abismo do teu iris envolvente, que fai sentir a primavera máis preto que nunca. A túa presenza é como o vento, ás veces pode ser quente, outras, pode ser forte e frío, tan forte que sentes que che pode facer voar. Ti, ti que es o mirar dos meus ollos cheos de amor, ti, ti que non miras nunca atrás, ti, ti que non te fixas nas persoas do teu redor, e non obstante… séguesme tendo nos teus brazos, preocupado de se vou seguir viva, e sen que me coñezas, pódoche dicir con firmeza que non é a primeira vez que sinto que gaño cando estou perdendo. Como vou a esquecer o último respiro, por fin puiden verche os sentimentos a flor de pel… Fátima Zahra Ghadbane e Alexandra Rodríguez Hafdi. 4º B [...]

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Irene Ferreira Rabuñal. 4º C ESO.

Poema de amor Tan difícil e tan sinxelo soamente cunha palabra podo dicirche que te quero. Vergoña e medo atrápanme calada como gardando un segredo. Aínda non o expreso, algun día sairá? non o creo Vou, vou dicilo, que máis dá porque ti es a quen quero. Irene Ferreira Rabuñal. 4º C ESO.

PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0