EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Amira Berrahou Bounous e Sandra Regueira Basoa. 4º B ESO.

Poema de amor Quero ser as mans que percorren o teu corpo. Quero ser a persoa na que pensas día e noite. Quero escoitar “quérote” saíndo da túa boca. Quero que non te esquezas de min. As nosas noites son de paixón e os nosos días de sentimentos. A nosa relación é unha corda, sempre tira e afrouxa ata que un día rompa. Contigo sempre prefiro perder para despois gañar o teu sorriso. Quero que sexas o meu espertar. Quero que alegres todos os días da miña vida. Quero bicarte ata ás dúas da madrugada. Quero que me queiras. Amira Berrahou Bounous e Sandra Regueira Basoa. 4ºB ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Lucía Sánchez Freire e Laura Marta Blanco 4º C ESO.

Lembranza do meu amor   Desexo vivir nun soño, sentir a túa boca o meu refuxio. Eternamente de amores xuntos a través dos infortunios!   Unha razón pola que sorrir sempre sobrevive ás chamas. Gran amor da miña vida, cantos motivos derramas!   Latexa o meu corazón nunha longa despedida, sen esixirche algo a cambio miña amiga querida!   Lucía Sánchez Freire e Laura Marta Blanco. 4º C ESO

EDDLG principal

ESTRÁÑOTE. Ouiam Demough. 4º C ESO.

Estráñote   Non moito, moito é moi pouco . Aínda que moito é positivo, eu ódioo. Moitos km, e a terra non vai dobrarse. Moito tempo , non pasará rápido por nós. Moita esperanza , e non chega. Quizais temos que esquecer todo iso , e pensar en: Onde nos atoparemos ? Como o pasaremos ? E como aguantamos ! Eu penso no laranxa entre vermello e amarelo . No gris entre branco e negro . Nas fronteiras, entre España e Marrocos. Onde pasarían os momentos inesquecibles, e todos eses sufrimientos serán esquecibles. Pobre a miña vida, cre que mo complica , non sabe que o meu amor é, a distancia que hai entre nós e mais o tempo, canto máis lonxe e lento, máis te estraño e te adoro !   Ouiam Demough 4º C ESO

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Pablo Naya Antelo e Manuela Fernández Castelo. 4º A ESO.

Poema de amor   Para min sempre serás benvido, que por todo o vivido, querido e falado, quero percorrer o camiño contigo.   Pasando por un vieiro de flores por onde iamos todas as mañás, aquel que tanto nos gustaba, pero que estaba cheo de pedras.   Parándonos a escoitar o piar dos paxaros, que facía que as nosas tardes voaran sen darnos conta. E por iso para min, sempre serás benvido.   Pablo Naya Antelo e Manuela Fernández Castelo. 4º A ESO.

EDDLG principal

Escenario de amor. Celtia Verdes Chouciño. 4º B ESO.

Escenario de amor   Coñecémonos e amámonos converteuse nun recordo que xamais esquecerei un melodrama que paga a pena ver cun final axeitado, iso é suficiente para min, amábate.   Fixemos o noso escenario de amor, agora as luces apáganse, e cando pasamos a páxina a cortina cae.   Aínda te boto de menos, dicilo fai máis dano, o tempo é cruel, o inverno é longo se ti non estás.   Pero xa rematou todo, a primavera chegará pode que non te volva a ver, así que, esteas onde esteas que saibas, que non me arrepinto de nada.   Celtia Verdes Chouciño. 4º B ESO.

DSC_0003

EROSKI-PARAÍSO

O alumnado de 1º de Bacharelato puido asistir a unha magnífica obra teatral que se representou no centro ÁGORA da Coruña. Tratouse dunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Actividades de Biblioteca do IES Manuel Murguía, que se desenvolve dentro do programa de saídas que levamos a cabo ó longo do curso e que ten como principal obxectivo achegar a rapazada do centro á realidade cultural que nos rodea. Neste caso falamos dunhas desas grandes obras ás que nos ten acostumado o grupo Chévere. Falamos de EROSKI-PARAÍSO, un traballo que ademais de divertirnos, fainos reflexionar sobre o mundo no que vivimos e os cambios sociais e económicos que se están a producir na nosa contorna. Agradecemos ao Concello da Coruña as facilidades para poder asistir á mesma, e por suposto ao alumnado que unha vez máis demostrou un comportamento excelente. Moitas grazas a todas e todos!!! Agardamos que vos gustara!

EDDLG principal

Poema de amor. Cristina Rivero e Nerea Vázquez 4ºB

Poema de amor.   Ela é a máis bonita, ela é pura dozura, quen me dera poder tela e mirar xuntos as estrelas.   Desexo estar con ela, mais ela non quere estar, pero sei que con esforzo, todo se pode lograr.   Non sei como nin cando, pero dela funme namorando.   Volvamos ao pasado, cando eu estaba xogando, ela coas súas amigas, polo camiño ían paseando.   Esa noite no meu cuarto, eu só andaba pensando, no que o sono me estaba quitando.   Aquela rapaza loira, alta e de ollos claros que facía días estivera ollando.   Cristina Rivero Villar e Nerea Vázquez Fornos. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de amor por Ainoa Perpiñá e Ana Cardona. 4ºB ESO.

Poema de amor Non creo que teña que repetir o difícil que é para min, rompiches os meus esquemas e é por iso que non sei moi ben o que sinto por ti; Namoreime, namoreime das túas caricias que desprendían máis caricias, dous teus bicos que me facían desexar máis bicos. Non estás ao tanto das veces que te pensei, non sabes que estou farta de só palabras, e incluso de todas as palabras que esperei de ti. Non quero perderte, non quero nada diso; Só quero un día máis ao teu lado, e que se repita por sempre. Ainoa Perpiñá e Ana Cardona. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. Salah Edden Bourtal, Oussama Ez Zahori e Jamal Najib Chaarani 4º B ESO.

 Poema de amor Sinto que a túa man é a miña caricia, Sinto que o teu soño é o meu desexo, Direiche desexos nos teus beizos, o pracer será a miña arma para soñar, No paraíso dos teus ollos, Estou perdido porque estou perdido, Vostede sabe o silencio e os soños, con melodías de tenrura e toque de desexo, Cando o teu bico é unha caricia cando é un espertar contigo, Moitas razóns para pensar cen para admirarte Viviremos nun castelo feito con amores á beira de ti todo é sorriso Son sentimentos que me levan a vostede Vostede escribe con bicos no libro de amor Salah Edden Bourtal, Oussama Ez Zahori, Jamal Najib Chaarani.  4º B ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR

POEMA DE AMOR PAULA CANCELA BOUZAS 4ºA O NOSO AMOR O noso amor… Non era un amor de amigo, senón unha conexión que non conseguía con ninguén máis pero si, contigo. Un amor que, cando te miraba aos ollos, sabía que eras o único que quería. Porque non hai nada máis fermoso, que pasen os anos, e sigas ao meu lado, como o primeiro día. Algo que tiña a sorte de facerme pensar, como podía chegar a quererte, tanto. Porque cada vez que o pensaba, verte sorrir, era o que máis me namoraba de ti. Non podía esquecer, que ti eras o mellor agasallo que podería ter, sempre Ese era… O noso amor.

PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0