EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0110

LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO NO IES MANUEL MURGUÍA.

O mércores 24 de xaneiro estiveron connosco o dúo AldaoLado para dar a coñecer ó noso alumnado a súa fermosa poesía por medio dunha actuación chea de humor, música e creatividade. A rapazada do Manuel Murguía puido decatarse de que a poesía pode ser un produto accesible e divertido, algo que tanto Lucía como María deixaron moi claro cunha actuación que nos fixo rir e emocionarnos. Agradecemos dende o Equipo de Dinamización Lingüística, Club de Lectura e Departamento de Actividades de Biblioteca, o comportamento exemplar do rapaces e rapazas, e por suposto, tamén damos as grazas ás poetas polo traballo ben feito, desexando que volvan por Arteixo moi pronto. Queremos agradecer tamén ó concello de Arteixo a cesión do Centro Cívico para este recital. Agardamos que vos gustara!!!

DSC_0076

GAÑADORAS DO CERTAME “MEDO ME DÁS!”

O día 4 de decembro tivo lugar na biblioteca do centro  a entrega de premios ás gañadoras do certame de relatos de terror Medo me dás! 1º Premio: Lucía Méndez Carracedo, de 4º C  ESO. 2º Premio: Estela Varela Souto, de 1º E  ESO . Parabéns para as dúas!!

EDDLG principal

Unha noite para recordar (Estela Varela Souto, 1º E ESO). Certame Medo me dás!!!

Fai moito, moito tempo, una rapaza chamada Amadora, tíñalle moito medo ao Samaín. Ía ao colexio Sacho Sanguento, onde había un carreiro de casas adornadas que daban saída ao colexio. As casas tiñan todo o que tiñan que ter: cabazas, teas de araña, cascudas, corazóns, brazos, pernas, esqueletos, pantasmas, vampiros, morcegos, caveiras, gatos negros, ollos, dedos, momias, zombis, monstros, bruxas, demos, lápidas, etc. Amadora tíñalles moito pánico a esas cousas de medo, porque non lle gustaba o Samaín, polo que ao pasar por diante das casas custoulle un montón. Tiña que pasar por alí, si ou si. A pequeña choraba e corría. Amadora, tiña tres irmáns aos que lles encantaba o Samaín. Amadora era a máis pequeña dos catro, e a única nena da súa familia, é que nin primas tiña, só primos, que triste! Cando chegou ao colexio Sacho Sanguento, de súpeto deixou de chorar e deulle una aperta tan, tan, tan grande á profesora, que a apertou tanto, tanto, que lle saíu o corazón voando cara á parede. Amadora choraba e berraba até pasados uns minutos que se deu conta de que a señorita Mary levantou do chan rindo a gargalladas coma una tola. Ela díxolle á pobre rapaciña que [...]

DSC_0004

ROTEIRO POLA CORUÑA, VISITA RAG E MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN.

noviembre 9, 2017 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O alumnado de 4º ESO  realizou un roteiro pola Coruña, organizado polo EDL, Departamento de Lingua Galega, e Departamento de  Lingua Castelá. Visitáronse, entre outros lugares: Real Academia Galega, Casa Museo Emilia Pardo Bazán, xardíns de San Carlos e Méndez Núñez, monumento a Curros Enríquez, casas nas que viviron Rosalía de Castro, Manuel Murguía, sede da Editorial Nós, revista Alfar, Irmandades da Fala… Agardamos que fora una visita de proveito para a vosa formación escolar e cultural. Grazas polo voso comportamento! Aquí van algunhas fotos.    

DSC_0038

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NOVEMBRO 2017

noviembre 7, 2017 by CIENCIA No Comments

Xa dispoñedes dos carteis sobre Darwin que nos enviaron dende Igaciencia para que poidades traballar con eles. Atópanse en fronte da Biblioteca. Agardamos que vos gusten.

DSC_0006

LIBRO COS VOSOS POEMAS, ELABORADO POLA PROFESORA ROSA MOSQUERA COTO.

noviembre 3, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

A profesora Rosa Mosquera Coto realizou este magnífico libro cos vosos poemas e reflexións que escribistes o ano pasado, co gallo do Dia dos Namorados. Debemos agradecervos a todos vós, e especialmente a ela, o excelente traballo levado a cabo. Non podemos esquecer tampouco a participación do Departamento de Actividades de Biblioteca, que colaborou estreitamente co EDL do instituto, e o froito é esta obra de arte que nun futuro próximo teredes á vosa disposición na biblioteca. Aquí van unhas fotos. Agardamos que vos gusten.

el resplandor

MEDO ME DÁS!

Bases do certame de relatos de terror Medo me dás! Prazo: ata o 13 de novembro de 2017. Como: a través da páxina Fala de raio. Debedes rexistrarvos antes para poder participar. Tendes que subir os textos no apartado blog. Premios: Tarxeta regalo de 20 euros para o primeiro e de 10 euros para o segundo. Ademais haberá algunha sorpresiña… Información: membros do EDL do centro ou profesores de Lingua Galega e Literatura. Só poderá participar alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo. Os premios poderán declararse desertos se non teñen unha mínima calidade. Deberán ser textos orixinais. Animádevos!!

M V Moreno

LETRAS GALEGAS 2018. MARÍA VICTORIA MORENO.

octubre 1, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Este vindeiro ano 2018  a RAG decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas á escritora María Victoria Moreno. Manterémosvos informados sobre as actividades a realizar durante o presente curso, en relación coa autora.    

EDDLG principal negativa

VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

Este luns, 22 de maio, realizamos unha videoconferencia co Instituto Cañada Blanch de Londres, onde se imparte a materia de Lingua Galega e Literatura. A rapazada, previamente, mantívose en contacto por carta e redes sociais dende hai uns meses. Fíxosenos curta a experiencia e todos temos ganas de máis. Un saúdo para Begoña, a nosa compañeira que traballa alí e para o seu alumnado. Agardamos vervos por aquí algún día. Estades convidados!! Bicos dende Arteixo para Londres!!!  

DSC_0339

ENTREGA DE PREMIOS EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E BIBLIOTECA

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2017, aproveitamos para facer entrega dos premios dos certames de poesía e deseños que convocou o EDL do centro e que contou coa colaboración do Departamento de Actividades de Biblioteca. Ademais  o alumnado foi obsequiado con agasallos   polo seu labor na actividade de elaboración de caligramas. Finalmente lembramos a Carlos Casares coa lectura de textos deste autor por parte de Anxo e Alba de 3º D ESO. Os gañadores na categoría de poesía do I Certame Viveiro de Poetas foron: 1º Premio:  Alba Figueroa Paniza (2º A Bacharelato) 2º Premio: David Rodríguez Ramos (2º A Bacharelato) O gañador na categoría de deseños foi: Iván Brea Regueira (4º B ESO) Agardamos que o acto fose do voso agrado. Parabéns a tod@s!!!