EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. Ainhoa Lista, Nerea Mato e Irene Lafuente (4°E)

Ti fuches de poucas palabras, e eu de todas Ti fuches de instantes, eu de infinitos Ti eras de gardar, de non dicir, de non mirar… eu só era de voar. Ti eras de non apostar, de non soñar, de non deixarte levar… e eu entendín o que eras, eras do verbo ser, non do estar. Ainhoa Lista, Nerea Mato e Irene Lafuente. 4º E ESO.