EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

O pasado sempre volve.

“Nunca fun eu moi de historias, a verdade, pero creo que esta paga a pena contala. Servirache a modo de lección, a ti e a quen a precisa, estou segura. Farán xa uns catro anos que Miranda apareceu en escena. Coma todos os nenos, encantábanlle os contos e as lambetadas. A última casa da rúa tiña de ambos, e alí que foi o primeiro verán que pasou na vila. Sendo tan cativa coma era; nove anos non son moitos que se diga; non dubidou da boa fe da pobre vella que llos subministraba. Todas as tardes os seus ollos verdes se depositaban na pantalla do televisor daquel lugar. E tamén todas as tardes tiña a liberdade de comer e xogar con todo canto atopara nesas salas. A cambio, debía gardar o segredo. Ninguén podía saber que ela pasaba alí o tempo. A vella explicoulle que se algún outro neno coñecía o que alí acontecía, querería quitarlle o sitio. Miranda, que sentía xa moito agarimo por aquelas catro paredes, decidiu calar. Unha tarde de moito calor en pleno agosto, a nena xogaba no salón cunha pelotiña de goma que máis que para nenos asemellaba para cans. Pouco lle importaba cando, ao caer o [...]