EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A carta que nunca che escribín

Os teus ollos firmes e fríos coma o noso amor, aquel que pouco durou marchando con gran parte do meu corazón.    Cando xuntos estabamos, todo semellaba branco. Cando marchaches, tinguiches o meu mundo de negro. E agora que de ti xa me estou esquecendo, estou a descubrir as bonitas cores que hai no medio.   O amor é un sentimento recíproco. Quizais non era o momento, quizais non era contigo. Quizais só procurabamos darlle á nosa vida un pouco de sentido.   Mellor busquemos a nosa felicidade, pode que non sexa xuntos, pode que sexa sos. Pero recorda sempre o que foi o noso amor.    Andrea Alvedro Canedo Isabel Cibrán Martínez Carmen Martínez Canedo Soraya Rivas Tomé